Monforte de Lemos, 12 de novembro de 2024. Diversos membros do Equipo de Goberno do Concello de Monforte participaron na tarde de hoxe na da conferencia do empresario, profesor y conferenciante Emilio Duró, que foi organizada polo GDR Ribeira Sacra-Courel e polo propio Concello de Monforte, como membro do GDR.
Así, estiveron presentes a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, os concelleiros e concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Obras e Servizos, José Luis Losada, Deportes, e Consumo, Regina López, entre outras moitas autoridades e veciños de Monforte.
Baixo o título “O territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel motívase...”, tivo lugar no Auditorio do edificio Multiusos de Monforte, cedido polo Equipo de Goberno para este acto.
Emilio Duró abordou temas de actitude e motivación, clave para fortalecer o crecemento e a colaboración no territorio do GDR.
Este evento tivo como obxectivo motivar e inspirar aos asistentes, fomentar a cooperación e promover o desenvolvemento persoal e profesional no noso territorio.