Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou na tarde de onte na nova edición da xornada Conservatorio na rúa que o Concello organiza a través do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, e que se celebrou ó longo da rúa Cardeal.
No transcurso do certame musical, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como o concelleiro de Servizos, José Luis Losada.
O evento desenvolveuse ao aire libre ubicando nesta rúas peonil puntos musicais con distintos instrumentos. Participaron alumnos e alumnas, así como profesores e profesoras do Conservatorio monfortino. O acto concluíu coa actuación da orquestra do Conservatorio.
“Con esta mostra musical ao aire libre damos a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público. Procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nesta céntrica rúa” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.
O acto contou coa participación de numeroso público que disfrutou dos diferentes puntos en que se celebraron actuacións musicais, e que se congregou masivamente coa actuación final da orquestra.