Membros do Equipo de Goberno inauguran o Belén que acolle a Casa da Cultura de Monforte este Nadal

Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2023. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada,   inauguraron o Belén Diorama do Concello de Monforte deste Nadal, que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente en dito acto.

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar dende o 9 de decembro de 2024 ata o 9 de xaneiro de 2025.

O Executivo do Alcalde, José Tomé Roca, convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén, que se inclúe dentro do Programa de Nadal do Concello de Monforte.