Isabel Pardo de Vera Posada, Pregoeira das Festas Patronais de Monforte 2024

Monforte de Lemos, 11 de agosto de 2024. A lucense Isabel Pardo de Vera Posada, pregoneira oficial das Festas Patronais de Monforte de Lemos 2024, deu o pistoletazo de saída ós festexos do Concello de Monforte que se extenderán ata o 16 de agosto.

Leu o seu emotivo  e intenso discurso nunha praza do Campo de San Antonio ateigada de xente, e acompañado polo Alcalde, José Tomé Roca, membros da Corporación Municipal, autoridades, familiares, amigos e moitos monfortinos e monfortinas.

Tras a leitura do pregón, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, fíxolle entrega dun ramo de frores, e o Alcalde entregoulle unha réplica da Torre da Homenaxe de San Vicente.

A continuación reseñamos o seu discurso completo:

PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS DE MONFORTE DE LEMOS 2024

DNA. ISABEL PARDO DE VERA POSADA

Boa tarde, monfortinos e monfortinas, grazas por acoller a todas as xentes que queremos esta terra. Por outra banda, non me atrevo a dar a benvida aos monfortinos polo mundo, que tamén son lexión.

Coma lucense, cheguei a querer a cidade de Monforte e a súa comarca, e a identificarme con ela hai menos dunha década, xa ven entrada en anos. Cando o Alcalde me chamou para darme una alegría sen máis aderezos propios das súas responsabilidades, e logo me explicarei, despleguei plumas enchida cal pavo real: unha lucense dando o pregón da cidade de Monforte! E marchei directamente a buscar información, a buscar “Pregones en Monforte”. Foi entón cando subiume o latexo, saíume Julia Otero, monfortina en Barcelona, muller admirable onde as haxa; ela tiña controlado o cancro cando a coñecín, quedaramos para tomar un café na Cidade Condal, eu estaba no proceso aínda; poderío, forza, humildade, é unha comunicadora das grandes, preocupáballe sobre maneira a supresión do tren nocturno a Barcelona, xa que dicía que as persoas con máis idade, aproveito para mandarlle unha forte aperta nestes momentos complexos, deixaban de viaxar ao ter que facer trasbordos, aínda que empregasen menos horas no percorrido. Ela pertence a esas xeracións que marcharon moi novos, xa pasado o período de emigración trasoceánica dos anos 30. Foi entre os anos e o 1960 e o 1970 nos que a poboación tamén descendeu de xeito moi brusco.

E si, sendo coñecedora de todas esas persoas ilustres de Monforte que deron o pistoletazo de saída das grandes festas en honor á súa patrona, a Virxe de Monserrat, outra vez saíndo da miña zona de confort, (non me digan que vostedes non teñen a súa…). Porque os galegos e galegas temos algo, sempre estamos para os demais. Penso que cando a forma de actuar repítese durante a historia, queda impregnado xa na nosa cultura e ata modifica o noso ADN.

Por iso non canso de dar as grazas: é unha honra esta oportunidade e veño cargada de optimismo, o que se pulsa xa na cidade; porque temos motivos dabondo para a celebración, para compartir e para medrar, coidando desta comarca privilexiada, chea de dotes para facelo ben, un verxel no planeta que habitamos.

Cómpre non esquecer a historia do noso territorio e dos nosos antepasados para entender mellor quen somos e a onde imos. Os lamentos do que puidera ser e non foi nunca me gustaron, penso máis en facer o mellor co que temos, que é dabondo.

E aquí lles deixo unhas reflexións que derivan esencialmente da fusión da miña vida persoal e profesional, é verdade, non son capaz de pensar nunha sen a outra. Non lles podo negar que a curiosidade e as emocións son o que move cada un dos meus actos e isto me leva a encarar éxitos e fracasos de xeito moi intenso, por iso sei que os que sodes desta terra xa é unha realidade, porque estades cimentados en Lama de Lemos, en terra fértil, e porque somos resilientes coma a Monte Forte que nos nomea. Só nos falta ir todos da mesma man e contaxiar o proxecto a todo o que teña que ter parte nel.

Os grandes proxectos nacen da visión, a organización, a paixón e do liderazgo para saber comunicalo, e poder así sumar. Non é doado reunir nunha soa persoa todas estas aptitudes, pero xuntos sobresaímos.

Este é o meu relato, breve, non quero aburrirlles sobre o que somos e o que seremos:

O noso berce é mestura de civilizacións: celtas, os romanos que deron o actual nome, suevos e visigodos, e etnias como a xudía; un val, que na prehistoria puido ser lagoa, flanquedo por serras, un río que nos separou , nos defendeu e tamén uniu, un monte que foi resistencia, fogar, e refuxio. Monforte é cidade, desde o 1885, título outorgado aos monfortinos en agradecemento e honra polos seus traballos e esforzos, que fixeron posible a chegada do ferrocarril. En 1883 o rei Alfonso XII inaugura a liña férrea entre Madrid e A Coruña, e Monforte pasa a ser o nó ferroviario e de comunicacións máis importante de Galicia, como entrada natural e fonte de achegamento de viaxeiros de mercadorías e viaxeiros que saen de Galicia.

O noso Barrio da Estación, corazón de actividade económica e cultural, xera un ecosistema de esplendor na comarca e en Galiza. Sumábase a nosa terra á unificación cultural europea, grazas ás coseduras das vías do tren, comunicacións masivas e viaxes que axudan a superar as barreiras do nacionalismo mal orientado, facilitando o xurdimento dun asombroso canon europeo de obras artísticas, musicais e literarias. Estes intercambios fermentan tradición, creatividade e riqueza, un ambiente cosmopolita co que a forza europea chega a ser referente da cultura mundial.

Todo isto é un exemplo máis do papel do ferrocarril ao servizo da humanidade, gústame recoñecer aos ferroviarios como técnicos humanistas, así me sinto eu, porque as infraestruturas no son un fin en si mesmo, pero teñen un poder transformador sen igual, xa que por elas mesmas poden ser un logro da más complexa enxeñería no mundo, pero se non conseguen aquilo para o que se construíron , ficará nun coste afundido.

Rexurde agora unha oportunidade moi semellante a aqueles tempos gloriosos en Europa, e temos que estar ben preparados para non perder a oportunidade. Deixando os localismos ao lado, a nosa identidade farase máis forte, se estamos dispostos a ser un eslabón clave da prosperidade sustentable da Península, do noso oeste , que está chamado a ser un oasis que integre natureza e desenvolvemento económico e social, porque os tempos que nos toca vivir son de reorientación dunha globalización mundial que xerou riqueza, obxectivamente, pero non por igual, que nos desfondou e nos deixou desvalidos de autonomía estratéxica, nos fixo dependentes de todos e voltaron as loitas sen escrúpulos. Estamos flanqueados de testosterona mal conducida, e temos que ir ás raíces dos problemas que atravesamos.

Somos quen, xa o amosamos ao defender o noso, de xerar e ser embaixadores de crecemento no mundo, e somos resilientes, porque levamos o optimismo, man de obra e valores ao resto do mundo. Pero a mobilidade no pode ser agresiva, e para iso diferenciamos a mobilidade obrigatoria, a que resta calidade de vida e reduce o máis valioso que temos, o tempo.

As cidades máis poboadas, como Madrid, Nueva York, Londres, Berlín, Barcelona, buscan esa mellora na calidade de vida dos cidadáns, e traballan nese novo concepto de cidade dos quince minutos, onde todos os servizos están a disposición nese intervalo de tempo: sanidade, educación, comercio do día a día.

Que e Monforte? Precisamente iso, e estamos dando os pasos correctos para que o que o desexa non teña que ir fóra, por iso a economía debe xirar en varios eixos: a industria, o turismo de calidade e o incremento de valor dos produtos derivados dun excelente sector primario. Todo este tecido precisa inevitablemente dunha loxística moi intelixente, e nós imos, de novo, polo camiño correcto. Temos que aproveitar eses canles, que hoxe xa case son unha realidade, somos cruce de camiños, parte da arteria principal, o corredor Atlántico Tranfronteirizo europeo.

As conexións ferroportuarias están en marcha, seremos quen de rematar a saída sur de Vigo, para converter o que a natureza deseñou, que é unha España e Portugal sen fronteiras a efectos reais cheas de intercambios competitivos desde o Océano Atlántico ao Mar Cantábrico. Hai tempo que non pensabamos en grande, e que non tiñamos as ferramentas viarias para facelo, faltábanos o sistema de circulación que fixera correr savia. Agora estamos a piques de ter esa arteria de comunicación na comarca, punteira en tecnoloxía e competitividade, si aproveitando a vella infraestrutura, e respectando a nai natureza. O mundo seca, nós estamos húmidos, os viñedos morren alí onde fixeron prósperas comarcas, pero ata a nosa Ribeira do Sil chegan para medrar e dar os mellores viños da Terra, da man de enólogos que saben exprimir os froitos das vides que tanto esforzo requiren, impregnadas de lousas e sensacións profundas, e de bo saber.

E, neste marco que seguro lles suxire lembranzas persoais, permítanme contarlles algunha anécdota vinculada ao traballo na miña etapa privilexiada, de gran responsabilidade ao fronte da miña casa, que é o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, do que nunca me afastarei, e da Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no que a planificación do Corredor e da conectividade lucense e monfortina estivo sempre nos meus pensamentos. Pero tamén fisicamente, pois o noso querido Alcalde, Xosé Tomé, tiña o asombroso don da ubicuidade. Non había evento, foro ou intre onde non aparecese Xosé, co seu sorriso, pero sen perder oportunidade de falar de vós, de dar un verniz a algún despistado que non sabía do que lle estaba a falar, sen faltar ao respecto, con agarimo, pero con contundencia.

É importante estar, a todos os niveis dos centros de decisión, e a min tocoume o privilexio de traballar, convencer e motivar o traballo dos excelentes profesionais que pertencemos á Administración Pública, pero que probablemente polo afastamento, as nosas xentes, ou polas innumerables planificacións e promesas quebrantables de certos políticos para a gloria súa e non daqueles a quen se deben, pisan o pedal de freno, pois non ven con racionalidade a foto final.

E alí estabamos no momento preciso, fomos ao límite, houbo momentos de tensión tan alta que houbo que reconducir as cousas, pois iamos rematar de patitas na rúa, co cal o nosos propósitos poderían ir ao garete, tiñamos que resistir, dentro e fóra dos despachos. Con algún pao envelenado tivemos que facer estratexia, ata chegar á “chantaxe”, perdoen vostedes, agora me río, pero coa responsabilidade e o poder que nos conceden as firmas, negueime a firmar outros proxectos se este non ía adiante: chámase distribución xusta dos recursos, hai que estar onde se precisa e no intre que se precisa.

Tomé chamábame, isto ía, pero había máis cousas pendentes, e retornaba a explicalo a quen facía falta, e non deixaba de invitar a coñecer esta terra e compartir as súas ledicias, pero antes tiñan que pasar polo Concello, ás veces tamén pola Deputación, e dar conta do traballo feito, e se non ían estudiados amablemente os deixaba en ridículo. E falabamos, este non se enterou, así non avanzamos, e non perdimos o pulso xamais.

As miñas funcións, máis aló das técnicas, son as dun proxecto con visión transversal, habería que unir os distintos axentes que tiñan que participar nel, moi importante a facenda pública e a distribución de orzamentos. Parece sinxelo pero é un traballo de fondo, de sensibilidade, non podía ter fisuras de relato, todo o equipo de centos de persoas sabiamos a que estabamos, pero sempre viña alguén a facer recortes, para destinar os recursos ao seu, aínda que non foran necesarios, polo limitado destes. E insistiamos, onde podiamos, repartíamos tarefas para non perder chance, esta vez non podíamos quedar a medias, non podíamos ir a retais, precisabamos o traxe completo, e a tempo para que Europa apostase por nós e nos botase non unha man, case o brazo enteiro.

E chegou, seguro que alguén quixo botarnos un mal de ollo, pero a nós o Karma nos protexe, estou desexando que remate todo este desplegue, pero no podemos aquietar, que isto é só o comezo dunha nova etapa, lembren moito a diferencia entre gasto e inversión. O que entre todos estamos construíndo é unha inversión, e o proxecto de alcanzar o máximo da xeración de valor ten que estar madurando en paralelo. O Porto Seco, a implantación de bases loxísticas de fácil acceso, a cadea de multimodalidade cos mínimos impactos, o achegamento das persoas ao transporte colectivo desde a súa casa e ata o seu destino, do xeito máis eficiente.

Remato, meus queridos, pois o importante hoxe é a ilusión de celebrar estas festas, de compartir como seres sociais que somos, e de coñecernos para saber por que cada un é da súa maneira. Busquemos primeiro o que nos une, como Tomé, e con iso ben cosido, intentemos achegar posición tendo en conta o lugar dese outro ata converxer. E se non é así, convencidos do que é o mellor para o ben común, imos a por elo.

Non o esquezan, queda por diante un futuro no que traballaremos, eu fareino coa mesma ilusión, poñendo á vosa disposición todo o coñecemento do público e do privado que tiven a sorte de pór en práctica; sempre se pode traballar mellor, tedes moreas de persoas aquí para empurrar, fagamos o papel que nos toca en cada intre, esteamos onde esteamos, e sigamos a evolución, porque, de seguro, haberá moitos anacos de felicidade.

Quero esta terra, grazas aos que coñecín e que foron compañeiros. Cachafeiro, unha honra ter traballado contigo, eres referente, grazas. Paco Moreiras, moitas empanadas trouxeches cando viaxaba a Madrid e ti vixiabas e protexías as vías, pensando que a miña filla ía caer do meu ventre alí nas terras do Deza. Luis Palacios e Noemí, seguide con esa paixón, aínda que haxa desgustos.

Grazas por estar sempre. Xa tiven recoñecemento dabondo, desde aquel premio Monforte ao Ferrocarril; non é por iso o meu compromiso, porque sei que devolveremos á sociedade moitos máis dos recursos empregados.

Monfortinos e monfortinas, noraboa, e, de verdade, grazas pola vosa paciencia. Son os traballadores incansables os que saben sacar partido das mellores celebracións, así que xa toca:

Felices Festas e ata sempre.

Viva Monforte!

 

Intervención do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca:

Boas tardes a todos e a todas.

Benvidos a esta Praza do Campo de San Antonio.

Un ano máis volvemos a estar aquí, con motivo das Festas que organizamos na honra da nosa Patrona, a Virxe de Montserrat.

Quero saudar en primeiro lugar ós membros do Equipo de Goberno e ó resto da Corporación municipal, así como ás autoridades que me acompañan, e ós veciños e veciñas e demais asistentes hoxe presente neste Pregón co que abrimos as nosas Festas Patronais.

Pero sobre todo, quero saudar dun xeito especial á nosa pregoeira, a Dona Isabel Pardo de Vera Posada. Gracias Isabel por estar aquí con todos nós, e por honrar ás nosas Festas e á nosa Patrona coa túa presencia.

Antes de darlle a palabra á Sra. Pregoeira, permítanme solo unhas palabras, para dicirlles que Monforte volve a celebrar as súas Festas Patronais por todo o alto, unha tradición que recuperamos dende que teño o honor de ser Alcalde dende o ano 2015.

Unhas Festas Patronais na honra da Virxe de Montserrat que manteñen a esencia que tiveron nos últimos 9 anos, con 5 concertos principais e gratuítos na explanada da Compañía, concertos pensados para todos os públicos e cunha gran variedade de estilos musicais. E todos eles, acompañados de orquestras que fan un previo e un posterior peche das actuacións, pensado para o disfrute de todos os públicos.

Ademais, para este primeiro día de Festas incluímos un concerto principal na praza de España, que será o de Rosa Cedrón, ás dez e media da noite, unha Monfortina excepcional.

Así, que tras o lanzamento do foguete e acendido da iluminación artística, empezamos con forza estas Patronais, que serán as festas de todos.

Por certo, as Festas de todos tamén as escenificamos no alumeado, porque colocamos 269 arcos en 63 rúas que abarcan todos os barrios da cidade. Son 14 arcos máis que en 2023, e suporán a iluminación a través de 1 millón de luces LED, similar ás luces de Nadal.

Pero o programa das Festas recolle moito máis que estes 6 días. Recolle ademais un completo Programa Cultural do Verán, amplo e variado, onde hai actividades case todos os días.

Ademais, ó igual que nos últimos anos, fixemos unha aposta firme polos grupos musicais monfortinos, que estarán presentes nas actividades de rúa das Festas, no Día do Gaiteiro, o 15 de agosto, e no Verán Cultural a través dunha nova edición do programa “Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte”, que acadou un grande éxito na pasada edición, e que terá lugar do 19 de agosto ó 4 de setembro.

Hoxe, as Festas de Monforte son un referente non so na provincia de Lugo senón tamén en moitos lugares de Galicia ou do Bierzo, e de todo o noroeste peninsular. Por iso, podemos presumir de que as Festas de Monforte son algo máis que unhas festas patronais.

E para empezar ben, para empezar con bon pé, creo que escollemos á mellor Pregoeira para este ano, unha pregoeira lucense pero que sempre mirou para Monforte, polo que sen dúbida merece ser a pregoeira deste ano.

Isabel Pardo de Vera é unha persoa que ten moita relación con Monforte dado que entre outros motivos, cando era Presidenta do ADIF veu presentar ó Salón de Plenos do Concello, a maior inversión en ferrocarril da historia da Provincia de Lugo cunha inversión de 550 millóns de euros para modernizar, electrificar, cambiar peraltes, aumentar radios de curva, modernizar estacións e facer o novo túnel de Oural, ou o convenio de 7 millóns de euros para facer a Ronda Urbana.

Estas obras van permitir que os trens eléctricos circulen entre Ourense-Monforte-Lugo a 220-240 km/h en velocidade punta, estimando unha velocidade media en 160 km/h para percorrer os 115 kms que distan entre Ourense-Monforte-Lugo e que nos vai permitir chegar a Madrid no mesmo tempo que os viaxeiros que saen de cidades como Vigo ou A Coruña, e tamén que poidamos rematar a circunvalación de Monforte.

Isabel Pardo de Vera enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, ten un currículo espectacular e iniciou a súa carreira no sector da enxeñaría, alcanzando postos de alta responsabilidade na xestión de Infraestruturas Públicas, Servizos e Regulación dos sectores Aéreo, Ferroviario, Marítimo, Carreteiras, Transporte Terrestre, Vivenda e Xeo- información no Goberno de España.

Entre outros cargos, desempeñou o de Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Presidenta e Directora Xeral de ADIF.

Na actualidade, é consultora autónoma en proxectos estratéxicos e pertence o consello de administración da empresa Revenga. Docente en materia de Urbanismo e Mobilidade Sostible. Docente homologada na EOI nas materias de Entorno Económico, Transporte, Xestión e Organización de Empresas, Gobernanza e Sector Público, Responsabilidade Social Corporativa e Ética empresarial.

Cabe destacar tamén os múltiples recoñecementos que obtivo, entre os que destacan o de “Muller referente en Mobilidade sostible RED MINERVA”, a “Medalla de Ouro da Cidade de Vigo”, “Enxeñeiros do Ano do CICCP ESPAÑA”, Premio Monforte ó Ferrocarril, ou figurar no “Top 100 Mujeres Líderes” nos anos 2023 e 2024, entre outros recoñecementos.

Por iso, creo que ninguén poñemos en dúbida que Isabel Pardo de Vera será sen dúbida unha grande embaixadora da nosa cidade e da nosa comarca, e dende hoxe, tamén o será das nosas Festas Patronais.

A min solo me resta desexarlle a todos os monfortinos e monfortinas, e tamén a todos aqueles que nos visitan, unhas Felices Festas.

Ten agora a palabra, a nosa ilustre Pregoeira, Dona Isabel Pardo de Vera Posada.

Moitas gracias.