Membros do Equipo de Goberno acoden á XXIV Mostra de Panxoliñas de centros de ensino organizada polo Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 19 de decembro de 2024. As Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán,   acudiron ó auditorio do Edificio Multiusos, para presenciar a XXIV Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura. Nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretaron composicións musicais de Nadal.

A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa vixésimo cuarta convocatoria e ten como fin un ano máis espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.

Nesta 24ª edición os centros de ensino que participaron foron o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre de Lemos, o Colexio P. Ferroviario e o CEIP Monforte.