Monforte de Lemos, 12 de decembro de 2024. A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer hoxe en rolda de prensa ante os medios de comunicación a Programación para este Nadal 2024-2025.
En verbas de Gloria Prada, trátase “dun completo e variado programa de actividades de este ano en Monforte, pensado para todo tipo de públicos, e que agardamos encha de ilusión e alegría as Festas de Nadal dos monfortinos e monfortinas, e de todos aqueles que nos visitarán nestes días, e tamén para contribuír a dinamizar os nosos sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo”. E recordou que ven complementado polo “noso alumeado de Nadal, que este ano alcanza o maior investimento da historia con 57.000€ e 1,2 millóns de luces LED”.
A Tenente de Alcalde, na súa intervención, salientou que “é moi importante que o noso Programa de Nadal, non só oferte un amplo abano de propostas culturais, senón que tamén ofreza actividades que axuden a dinamizar o noso comercio e a nosa hostalería”.
Deste xeito, durante 2 fins de semana, o protagonista na Praza de Abastos será o MERCADO DE NADAL, “que é, como digo, unha das actividades máis destacadas do noso programa”.
Desenvolverase os sábados e domingos do 21 e 22 e 28 e 29 de decembro de 2024 na Praza de Abastos de Monforte, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 20:30h.
“O noso obxectivo é fomentar as compras desta época nas tendas da nosa localidade, promovendo o comercio local. Para iso queremos fusionar animación e ocio co comercio nas instalacións dos Mercados da Praza de Abastos, tal e como xa vimos facendo nas últimas edicións, nas que o éxito de participación e ventas foi moi destacado” salientou a Tenente de Alcalde.
Así, a proposta do Equipo de Goberno para este Mercado de Nadal inclúe unha atractiva oferta de ocio, animación e gastronomía, dirixida para todos os públicos, nun ambiente navideño.
E, ó mesmo tempo, estará aberta a parte comercial dos Mercados, onde se poderán atopar todo tipo de agasallos de Nadal.
As actividades que se ofertarán no Mercado de Nadal serán as seguintes:
Sábado 21 de decembro:
- 12:00 h- Obradoiro infantil de pintura e creación de árbores de Nadal.
- 18:00 h- Actuación de Duende Circo co espectáculo “Pallaso Total”.
- 19:00 h- Obradoiro de Cociña-Showcooking “Aperitivo de Nadal”.
Domingo 22 de decembro:
- 12:00 h- Obradoiro artesanal para decoración de Nadal.
- 18:30 h- Actuación de Peter Punk para toda a familia.
Sábado 28 de decembro:
- De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
- 18:30 h- Espectáculo de Títeres Alakrán.
Domingo 29 de decembro:
- De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
- 18:30 h- Espectáculo de maxia co mago Roberto Lolo.
O segundo dos eventos que destacou a Tenente de Alcalde na súa intervención foi o ciclo de CONCERTOS NA RÚA, “que igual que o pasado ano serán os protagonistas na rúa do Cardeal, para animar á hostelería e a actividade no centro da cidade”.
Estes concertos darán comezo unha vez rematen as actividades do Mercado de Nadal da Praza de Abastos, concretamente, os sábados 21 e 28 de decembro, e estará protagonizado por dous grupos monfortinos:
- 7Rojo, actuará o sábado 21 de decembro a partir das 8 da tarde na rúa Cardeal.
- Movilla y los Irrepetibles, actuará o sábado 28 de decembro a partir das 8 da tarde na rúa Cardeal.
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO NADAL 2024-2025
A Concelleira de Cultura deu conta do resto do programa de actividade de Nadal, que se inicia coa convocatoria do Concurso de Beléns para centros de ensino da cidade.
Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional Certame de poesía infantil “Nadal 2024”, convocado dende a Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.
Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores foi a encargada da decoración navideña de parte do vestíbulo da Casa do Concello.
Ó igual que nos últimos anos, J. Antonio Dávila levou a cabo a montaxe dun Belén Diorama, que estará exposto dende mañá 13 decembro de 2024 ó 8 de xaneiro de 2025 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
A 24ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino terá lugar o xoves 19 de decembro as 6 da tarde no Edificio Multiusos.
O TEATRO terá catro citas protagonistas:
- “Copacabana” do grupo de teatro Viraventos, o 14 de decembro ás 8 da tarde, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Dirixido a todos os públicos, con entrada gratuíta.
- “Saíndo do cerco” de Teatro do Miolo, o 18 de decembro ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. É un espectáculo para todos os públicos, con entrada gratuíta.
- “Coa música a outra parte” de Trécola producións, o 26 de decembro ás 6 da tarde no Auditorio do Edificio Multiusos, unha peza infantil e familiar, tamén con entrada gratuíta.
- E o 3 de xaneiro ás 6 da tarde, “Cachopo máxico” de Lilá Teatro, na Casa da Cultura, dirixida a público infantil e familiar, con entrada gratuíta.
O tradicional Festival de Nadal 2024, correrá como todos os anos a cargo do Conservatorio Municipal e celebrarase o venres 20 decembro ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.
O Concerto de Corais Nadal 2024 será o sábado 21 decembro ás 7 da tarde na Igrexa Nosa Señora da Antiga coas actuacións de Ensamble Vocal Ángel Barja de Vigo, o Coro de Voces Graves de Vigo e a Coral Polifónica Concello de Monforte.
O luns 23 de decembro ás 8 da tarde, a Casa da Cultura acollerá un Recital Lírico a cargo da soprano Emilia Pérez, quen estará acompañada ó piano por Lucas López. É un concerto organizado pola Sociedad Filarmónica, en colaboración co Concello de Monforte.
O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.
O Concerto de Ano Novo correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo “A Clásica”. Organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte en colaboración co Concello, celebrarase o venres 3 de xaneiro de 2025 ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.
O humorista Alberte Montes, ofrecerá o seu espectáculo “Patrón” a partir das 8 e cuarto da tarde do venres 27 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
Finalmente, un dos días máis agardados será o domingo 5 de xaneiro, coa celebración da CABALGATA DE REIS. Os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte ás 17:30 horas.
O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio.
Un pouco máis tarde, ás 19:30 h., as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial na planta baixa do Concello.
Finalmente o luns 6 de xaneiro ás 11 horas a igrexa do “Hogar San José. Hermanitas de los Ancianos Desamparados” acollerá a Misa e Concerto de Reis, a cargo da Coral Polifónica do Concello de Monforte.