Servizos da Sede electrónica fóra de servizo por motivos de mantemento e mellora dos sistemas do Concello

Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2024. O Concello de Monforte de Lemos informa que por motivos de mantemento e mellora dos sistemas do Concello, os seguintes servizos da sede electrónica estarán fóra de servizo desde este luns 23 ás 18:00 ata as 15:00 do día 24.

Recibos e Impostos: 

-Consulta de Débeda

-IVTM

-IBI

-Taxas

Datos Persoais:

 -Consulta Datos Fiscais

-Certificado de Empadroamento

O resto de servizos seguen estando operativos desde a URL://monfortedelemos.sedelectronica.es/, como son o Rexistro electrónico, taboleiro de anuncios, servizos en liña, cartafol electrónico etc.

Poderanse producir indispoñibilidades temporais do servizo o martes 24 e o mércores 25 de decembro.