Monforte de Lemos, 16 de decembro de 2024. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte programa para este mércores 18 de decembro ás 20:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro unha nova obra de teatro, neste caso dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo, correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024, e que tamén está incluída no Programa de Nadal do Concello de Monforte.
Así, terá lugar a coa posta en escena da obra para todos os públicos Saíndo do Cerco, da compañía Teatro do Miolo, unha peza cuxa autoría e dirección corre a cargo de Guillermo Cancelo e o seu elenco é Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo.
É unha obra para todos os públicos, con entrada libre e gratuíta.
Sinopse
Suso é un novo residente no centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.
A seguinte e última obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte para o derradeiro semestre de 2024, dirixida a público infantil e familiar, será Coa música a outra parte de Trécola Producións, que terá lugar o xoves 26 de decembro no Edificio Multiusos, ás 18:00 horas, sendo a entrada gratuíta. Forma parte do Circuíto de Teatro Profesional da área de Cultura da Deputación de Lugo.