O ciclo de teatro de 2024 do Concello de Monforte continúa este xoves con O soño dos vagalumes, do Grupo de teatro da Universidade Laboral de Ourense

Monforte de Lemos, 8 de abril de 2024. Dentro da súa programación teatral semestral, o Concello de Monforte ofrece para este xoves 11 de abril ás 20:15 no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para adultos O soño dos vagalumes, do Grupo de teatro da Universidade Laboral de Ourense, obra dirixida pola alaricana Ángeles Álvarez e interpretada por máis de vinte persoas vencelladas a este centro educativo.

A entrada é gratuíta.

Sinopse

O soño dos vagalumes é unha obra inspirada no libro das “Marías de Santiago”, e relata a historia de Maruxa e Coralia Fandiño, dúas irmás que sufriron a represión franquista.

Esta representación pretende ser unha aproximación á memoria histórica e a violencia sistemática contra as mulleres ó longo dos años.

 

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Falar por falar da compañía Volta e Dalle Teatro que terá lugar o xoves 25 de abril no Edificio Multiusos ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral para esta obra será de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.