A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, acudiron á presentación do C.F Monforte que se celebrou no estadio municipal Luis Bodegas.

-A entidade CF Monforte celebrou hoxe pola mañá a presentación oficial dos 200 integrantes cos que conta o Clube, acompañados pola Tenente Alcalde e o Concelleiro de Deportes en representación do Equipo de Goberno do Concello de Monforte, ante a imposibilidade de asistencia do Alcalde por compromisos de axenda ineludibles, que fixeron imposible acompañar ó Clube, neste día tan importante.

-A Tenente Alcalde, quixo reiterar neste día, o apoio do Concello ó deporte en xeral e ó fútbol base en particular, e quixo subliñar a importante labor do C.F Monforte que tal e como afirma a súa directiva, pretenden ante todo fomentar valores de esforzo e traballo, xa que non deixa de ser fútbol base e fútbol de formación.

-José Tomé que lamentou a súa ausencia no acto de hoxe, quixo transmitir o seu recoñecemento á directiva do clube polo estupendo traballo que están a realizar,  como se demostra no incremento de número de nenos que acadan cada ano e reiterou a súa intención de seguir apoiando ó deporte de Monforte, tal e como ven facendo ata o de agora.

-A Tenente Alcalde e o Concelleiro de Deportes, aproveitaron a xornada para dar a benvida á nova Presidenta do Clube, Vanesa Fernández, que lle da o relevo a Mariluz Parada despois de once anos ó fronte do C.F. Monforte con un traballo extraordinario e recoñecido por todos os integrantes desta gran familia deportiva.  

Monforte de Lemos, 6 de decembro de 2024. A Tenente Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Deportes do Concello de Monforte, José Manuel Mougán, acompañados de  membros da Corporación Municipal, acudiron hoxe ó estadio municipal Luis Bodegas para acompañar ós integrantes do C.F. Monforte no acto de presentación do Clube, que conta xa con 200 integrantes e que cada ano obtén mellores resultados, quedando mellor posicionados nas diferentes categorías nas que compiten.

O clube, que ten xa 12 anos de existencia, está competindo con 10 equipos de categorías diferentes, destacando neste momento especialmente o equipo de “cadetes A”. A directiva que celebra esa evolución tan positiva, quere poñer en valor nembargantes, que a importancia do Clube non radica tanto nos resultados obtidos, como na filosofía que defenden, basada na transmisión de valores de esforzo e traballo xa que non deixan de ser fútbol base e fútbol de formación. Consideran que xustamente nesto, é onde radica o seu éxito e o que fai que formen unha gran familia.

A Tenente Alcalde, quixo destacar que aparte da formación no ámbito deportivo, hai que poñer en valor o esforzo da directiva do C.F Monforte, por fomentar a labor social tal e como demostra a continuidade do seu "banco de roupa", iniciativa coa que tratan de axudar ás familias con menos recursos, cedéndolles roupa deportiva de adestramento e botas de fútbol que outros xogadores van cedendo cando xa non lles serven, para que as poidan utilizar compañeiros que o necesiten.  Gloria Prada, tamén quixo subliñar a política de facilitar o pago das cuotas que a directiva continúa a fomentar, xa que tal e como explica a Presidenta da entidade,” o obxectivo é que ningún neno quede sen xogar por falta de medios”.

Gloria Prada, en nome do Alcalde, transmitiulle á directiva do Clube, a súa intención de seguir apoiando o seu proxecto que neste ano se materializou na concesión dunha subvención por importe de 9.000€ e o uso e desfrute das instalación municipais sempre que o necesitan e que tal e como explicou a Tenente de Alcalde, forma parte dunha partida de axudas que o Equipo de Goberno destina para incentivar a práctica do deporte en Monforte, en todas as modalidades deportivas, e que ven acompañada das importantísimas inversións en instalacións deportivas realizadas polo Alcalde, unhas xa finalizadas, como o Pavillón Municipal da Pinguela, e outras en fase de realización como a Piscina Municipal, sen esquecernos das melloras continuas que se están a facer no resto de instalacións deportivas municipais.

A Tenente Alcalde, quixo remarcar que a importantísima inversión continua que se está a facer no ámbito deportivo, vai encamiñada a que todos os Monfortinos, sobre todo, os mais pequenos, teñan ó seu alcance a posibilidade de practicar a modalidade deportiva que mais lles guste, convencidos de fomentar con estas accións, que os nenos e rapaces, desenrolen hábitos saudables, que lles aporten mellor calidade de vida.

O Equipo de Goberno do Concello de Monforte, quere felicitar a todos os integrantes do Clube polo traballo que están a realizar e celebran a excelente evolución que está a ter o C.F Monforte demostrado co incremento dun 30% no número de xugadores e xugadoras neste ano.