A Tenente de Alcalde e o Concelleiro de Servizos participan na conmemoración do Día Mundial contra o Cancro na rúa Cardenal de Monforte

Monforte de Lemos, 2 de febreiro de 2024. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, participaron na mañá de hoxe nos actos de celebración do “Día Mundial contra o Cancro” que a Asociación Española contra o Cancro en Lugo organizou ás 12 h. na rúa Cardenal de Monforte.

No transcurso do acto, representantes desta asociación en Monforte leron un manifesto con motivo desta conmemoración, e unha paciente oncolóxica tamén aportou a súa testemuña sobre esta enfermidade.

O Concello colabora estreitamente coa Asociación Española contra o Cancro en Monforte, coa cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade, e tamén na organización da Carreira contra o Cancro, cuxa última edición celebrouse en novembro de 2023.