A Tenente de Alcalde fai entrega dos premios de Poesía de Nadal 2023 do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 15 de febreiro de 2024. Na mañá de hoxe, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega, na Casa da Cultura de Monforte, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2023 ós nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.

Os premios foron fallados polo xurado o pasado 16 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Os galardóns, nas súas distintas categorías, foron para:

 

Categoría A: Ata 8 anos

-1º Premio: Valentina Feáns Pérez, 8 anos, Colexio A Gándara, 3º de Primaria.

-2º Premio: Alumnos de 3º B, 8 anos, CEIP Plurilingüe de Monforte.

-3º Premio: Alumnos de 3º B, 8 anos, CEIP A Gándara.

-4º Premio: Alumnos de 3º A, 8 anos, CEIP Plurilingüe de Monforte.

 

Categoría B: De 9 a 12 anos

-1º Premio: Antón Nieves Rodríguez, 10 anos, 5º B, Colexio A Gándara.

-2º Premio: Julia Piñeiro Vázquez, 10 anos, 5º de Primaria, CEIP Plurilingüe Monforte.

-3º Premio: Irea González García, 11 anos, 6º de Primaria, Colexio Ferroviario.

-4º Premio: Teo Ledo Escudero, 10 anos, 5º de Primaria, Colexio Ferroviario.

Accésits:

-1º accésit: Irina Torres Aguiar, Manuela González González e Sabela Payo Sánchez, do Colexio PP Escolapios.

2º accésit: Hugo Gándara Penha e Iker Rodríguez Rodríguez, , do Colexio PP Escolapios.

 

Categoría C: De 12 a 16 anos

-1º Premio: Julia Gema González Romero,  12 anos, 1º de ESO, IES Río Cabe.

 

Gloria Prada, que desculpou a ausencia do Alcalde, por ter compromisos como presidente da Deputación de Lugo, fixo entrega de diverso material escolar ó gañadores e gañadoras,  agradeceu a participación de todos os nenos e nenas así como dos profesores e profesoras implicados no certame, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ó longo do ano.