Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2024. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, en nome de Alcalde, José Tomé, que non puido acudir por cuestións de axenda como Presidente da Deputación de Lugo, inaugurou na tarde de hoxe martes 2 de xullo a 10ª edición do Fancine de Lemos, Festival de cine fantástico e de terror que se celebra do 2 ó 7 de xullo na Casa da Cultura de Monforte e nos cines Hollywood.
Gloria Prada destacou o mérito e o esforzo dos organizadores de este certame, que é un referente en Galicia, e felicitounos por ter alcanzado as 10 edicións.
Os asistentes poderán disfrutar dunha selección de 24 curtametraxes que forman parte da competición oficial, así como da proxección de 5 longametraxes, fora de concurso. As proxeccións son tanto no salón de actos da Casa da Cultura de Monforte coma nos cines Hollywood.
Tamén na Casa da Cultura, os organizadores inauguraron onte unha exposición formada por 100 fotografías e polos distintos carteis anunciadores que percorren a historia do Festival.
O Concello de Monforte, colabora coa organización deste Festival cunha axuda de 5.000 euros e coa cesión dos diferentes espazos da Casa da Cultura.
Toda a programación do Fancine de Lemos 2024 pódese consultar en: