A Tenente de Alcalde participa, en nome do Alcalde, na entrega de premios da XXVII Cata dos viños da Ribeira Sacra

Lugar: 
A Tenente de Alcalde participa, en nome do Alcalde, na entrega de premios da XXVII Cata dos viños da Ribeira Sacra

Monforte de Lemos, 19 de xullo de 2024. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega na tarde-noite de hoxe do premio “Outras añadas” dentro da entrega de premios correspondente á XXVII Cata dos viños da Ribeira Sacra, que, organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, celebrouse na Casa da Cultura do concello monfortino. Este premio, recaeu na adega Don Bernardino.

Gloria Prada acudiu en representación do Alcalde, José Tomé, quen non puido acudir por coincidir á mesma con outros compromisos como Presidente da Deputación de Lugo.

No acto, ademais da Tenente de Alcalde de Monforte participaron representantes de diversas administracións galegas, e concellos pertencentes á Ribeira Sacra.

A Cata dos viños da Ribeira Sacra desta edición comezou o 17 de xullo co precintado das mostras participantes, seguido dunha precata o día 18 de xullo, para rematar coa cata a cegas o día 19.

Participaron un total de 24 adegas, con 67 mostras (23 de viños tintos, 18 de viños brancos e 26 de outras añadas). As mostras participantes foron recollidas polos técnicos do Consello Regulador dende o 29/06/2024 ao 12/07/2024. O Panel de Cata estivo formado por Membros do Panel de Cata do CRDO Ribeira Sacra.

O finalizar o acto de entrega de premios, o Centro do Viño da Ribeira Sacra, acolleu a celebración dun viño institucional e un cóctel.