O Concello de Monforte súmase mañá 15 de outubro ó Día internacional do Duelo Xestacional, Perinatal e Neonatal iluminando de azul e rosa a Torre da Homenaxe

Monforte de Lemos, 14 de outubro de 2024.  O Concello de Monforte súmase mañá martes 15 de outubro á conmemoración do Día internacional  do Duelo Xestacional, Perinatal e Neonatal, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul e rosa, utilizando para elo dúas das súas fachadas.

O Alcalde, José Tomé Roca, indica que “con este xesto, e apoiando a petición feitsa pola asociación Bolboretas no ceo, queremos render unha homenaxe ás familias que sufriron a morte do seu bebé durante o período de xestación ou unha vez que se levou a cabo o nacemento.”

A morte xestacional ou fetal ocorre cando o feto ten máis de 22 semanas no ventre da súa nai. No caso de alcanzar as 28 semanas ou inclusive nacer e superar a primeira semana de vida, pero ocorre o deceso, entón fálase de morte perinatal.

Este tipo de morte está relacionada con diversos factores tanto xenéticos como ambientais. Tamén se fala dos factores de risco, que poden deberse á nai, o feto ou á placenta.