Monforte de Lemos, 27 de decembro de 2024. O Concello de Monforte volverá a abrir as portas, mañá sábado 28 de decembro, do Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.
O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.
Volve a abrir o Mercado de Nadal de Monforte
Deste xeito, ó igual que a pasada semana, o Mercado de Nadal de Monforte, abrirá as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá sábado 28 de decembro, con continuidade o domingo 29, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.
No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, como artesanía en coiro, pintura, bixutería, madeira, complementos téxtiles, calzados, produtos gourmet, galletas artesanais, tartas de queixo artesás, cosmética natural e moito máis. Estes produtos serán ofertados por 15 expositores cada día.
Programación para todos os públicos
Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.
O sábado 28 terá lugar ás 18:30 horas, o espectáculo de títeres Alakrán coa peza “Pequeno Kabaret de Tolos” e o domingo 29 tamén ás 18:30 horas unha actuación de maxia co mago Roberto Lolo, co espectáculo “Mira el Coyote”.
Tanto o sábado coma o domingo, no horario de apertura do Mercado de Nadal haberá instaladas unhas pistas de Scalextric, no espazo gastronómico da Praza de Abastos.
Poderán participar nel de xeito gratuíto todos aqueles que o desexen, con coches e mandos propios ou cedidos pola organización. O domingo 29 a partir das 17:30 h disputaranse unha carreira en distintas categorías.
Para poder participar nela, será necesario inscribirse o domingo 29 pola mañá (de 10:00 a 14:00 horas) ou ás 17 horas, antes do comezo da carreira.
Actuación musical na rúa do Cardenal para animar ó comercio e á hostalería
O sábado 28, a partir das 20:00 horas, actuará o grupo monfortino Movilla y los Irrepetibles na rúa Cardenal, como colofón a esta segunda fin de semana do Mercado de Nadal.
O Alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, ó igual que fixeron a pasada fin de semana, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.
Programación do Mercado de Nadal
As actividades que se ofertarán no Mercado de Nadal nesta segunda fin de semana serán as seguintes:
Sábado 28 de decembro:
- De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
- 18:30 h- Espectáculo de Títeres Alakrán co espectáculo “Pequeno Kabaret de Tolos”
- A partir das 20:00 h., rúa Cardeal, actuación do grupo monfortino MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES.
Domingo 29 de decembro:
- De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
- 18:30 h- Espectáculo de maxia co mago Roberto Lolo co espectáculo “Mira el Coyote”.
RESEÑAS DAS ACTUACIÓNS NO MERCADO DE NADAL
Títeres Alakrán co espectáculo “Pequeno Kabaret de Tolos”
Grandes estrelas do mundo da música cobran vida nun espectáculo musical de marionetas, conducido e manipulado polo actor e titiriteiro Borxa Insua. Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix, Camarón de la Isla, un breakdancer sen papeis, o esquelete de Nina Hagen, Montserrat Caballé... son algunhas das figuras e das sorpresas que nos depara este pequeno cabaret.
Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música... Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de divertir, involucrar ao público cunha espectáculo que animará tanto a pequenos como a maiores.
O Mago Roberto Lolo co espectáculo “Mira el Coyote”
O mago Roberto Lolo trae a Monforte o seu espectáculo “Mira el Coyote”, un show para todos os públicos que mestura diferentes estilos de maxia con moitísima diversión, risas e improvisacións.
Un espectáculo tamén con interacción e participación onde os espectadores xogan un papel importante.
Maxia moderna, actual, atemporal e cun mestre de cerimonias, Roberto Lolo, que destaca polas súa simpatía e facilidade para a comunicación.