Monforte de Lemos, 25 de xaneiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de dar conta das axudas concedidas polo Equipo de Goberno para contribuír á creación de emprego de autónomos e autónomas, a cargo de monfortinos e de monfortinas.
En concreto, no período comprendido entre os anos 2017 a 2024, ambos incluídos, o Executivo de José Tomé destinou 146.028,16€ destinados á promoción do emprego entre os colectivos citados.
“Dende o Equipo de Goberno, consideramos que estamos ante un investimento moi importante porque estamos destinando ano a ano partidas moi significativas para a creación de postos de traballo en Monfoere, porque ademais hai que ter en conta que o fomento do emprefo non é unha competencia municipal”, salientou o Alcalde.
José Tomé subliñou que “para nós é fundamental a creación de emprego, que grazas a estas axudas destinadas dende o Concello xeráronse postos de traballo e creáronse empresas en distintas zonas da nosa cidade, que neste caso foron constituídas por monfortinos e monfortinas. Sen dúbida, é unha forma de consolidar a nosa economía, de xerar riqueza e de fixar poboación no noso Concello, e serve para dinamizar o tecido produtivo en diferentes zonas da cidade”.
Evolución das axudas por anos
No ano 2017, dende o Concello destinándose axudas de fomento ó emprego por un total de 25.000 euros, dos cales o 60,65% foron concedidas a mulleres.
No ano 2018, o Concello concedeu axudas por un importe total tamén de 25.000 euros, dos cales o 80,90% foi destinado a mulleres.
No ano 2019, foron un total de 9.583,95€, sendo concedido un 40% das axudas a mulleres
En 2020, o Alcalde concedeu axudas por un total de 10.260,14€. A porcentaxe delas destinada a mulleres foi do 36,54%.
No ano 2021, superáronse os 24.000€ (24.133,50€) por parte do Executivo de José Tomé, sendo o 75,53% destinado a mulleres.
2022 foi o ano en que o Equipo de Goberno destinou o importe máis alto, dentro do período citado, alcanzando os 26.233,43 euros, dos cales un 79,16% foi destinado a mulleres.
No ano 2023, destinouse unha contía total de 14.814,08€, dos cales destináronse un 57% a mulleres.
Finalmente, en 2024, o Executivo de José Tomé concedeu axudas por un importe total de 11.003,11€, dos cales o 67,08 das axudas foron percibidas por mulleres.
En total, ó longo do período 2017-2024, beneficiáronse destes 146.028,16€ concedidos polo Alcalde monfortino 112 persoas, das cales foron 69 mulleres, ás que se destinou un total de 97.705,63€, e 43 homes, cun total de 48.322,53€ en axudas.