O Alcalde de Monforte participa en FITUR no acto de traspaso de presidencia da Red de Juderías de España, que recae en 2025 en Ribadavia

Monforte de Lemos, 22 de xaneiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe no acto de traspaso de Presidencia da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad. Dito acto tivo lugar durante a primeira xornada da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que abriu hoxe as súas portas en Madrid.

Deste xeito, o rexedor monfortino acompañou ó que foi o Presidente da Red de Juderías de España en 2024, o alcalde do Concello de Plasencia, Fernando Pizarro García, e ó que dende hoxe é o Presidente da Red para o ano 2025, o Alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil.

Por este motivo, o acto tivo lugar no Stand de Galicia en FITUR, debido a que un concello galego é o que ostentará a presidencia da Red en 2025. Cabe recordar que Monforte de Lemos foi o primeiro concello galego en ostentar dita presidencia, no pasado ano 2023, sendo o seu presidente José Tomé.

No acto, no que participaron representantes das diversas cidades membro da Red de Juderías, que está integrada por 21 concellos, 3 deles galegos (Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui).

Neste acto de traspaso de presidencia, tamén tivo lugar a presentación do novo Xerente da Red de Juderías de España, o sevillano Iñaki Echeveste Calzada.

Tanto José Tomé coma os distintos representantes municipais aproveitaron o encontro en FITUR para poñer en valor o potencial e os recursos desta importante rede turística, cultural e patrimonial de concellos que contan nos seus conxuntos medievais cunha herdanza histórica, arquitectónica, medioambiental e cultural das comunidades xudías que formaron parte da historia de España.