O Alcalde presenta o novo servizo de Bus Rural de Monforte de Lemos

-José Tomé Roca, acompañando pola Tenente Alcalde e o Concelleiro de Medio Ambiente, Servizos e Medio Rural, deu a coñecer hoxe un novo servizo de transporte público gratuíto que pon en marcha o Equipo de Goberno e que permitirá a conexión diaria das 26 parroquias rurais de Monforte co centro urbano.

-Tal e como explicou o Alcalde, “a posta en marcha deste servizo, é un pilar fundamental para mellorar a calidade de vida da poboación rural que en moitas ocasións, ben por idade, por dificultades para desprazarse ou por falta de medios, non pode acceder ó centro urbano para realizar xestións ou compras, que son necesarias na vida cotidiá”

-O Alcalde asegurou que este era un día moi importante para él “porque se cumpre un compromiso adquirido e a palabra dada de dotar ás parroquias de Monforte dun novo servizo de transporte pùblico, no rural”. “Este tipo de transporte en autobús, permitirá aos veciños e veciñas do rural desprazarse facilmente á cidade, contribuíndo á loita contra o despoboamento e facilitándolle a vida á poboación mais vulnerable e con mais dificultades de mobilidade”.

-En canto ó custo do servizo, é de 1.123.276,16 € (ive incluído) nos 10 anos de duración do contrato, con unha aportación Municipal de 981.276,16 € e unha subvención do Ministerio  de  Transición Ecolóxica e Reto Demográfico de 142.000 €

Monforte de Lemos, 23 de abril de 2025. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe ante os medios de comunicación, a licitación dun novo servizo de transporte público de viaxeiros para a poboación do rural do Concello de Monforte. Tal e como explicou o Alcalde, “a posta en marcha deste servizo, é un pilar fundamental para mellorar a calidade de vida da poboación rural que en moitas ocasións, ben por idade, por dificultades para desprazarse ou por falta de medios, non pode acceder ó centro urbano para realizar xestións ou compras, que son necesarias na vida cotidiá”.

Este tipo de transporte en autobús, permitirá aos veciños e veciñas do rural desprazarse facilmente á cidade, contribuíndo á loita contra o despoboamento e facilitándolle a vida a poboación mais vulnerable e con mais dificultades de mobilidade. Por ese motivo, tal e como afirma o Alcalde “hoxe para min é un día moi importante porque cumprimos un compromiso de dotar ás parroquias de Monforte dun novo servizo de transporte público, accesible a todos os cidadáns, novo, moderno, adaptado e que trata a todo o mundo por igual porque é gratuíto. Deste xeito,  cumprimos o noso compromiso e cumprimos coa palabra dada”. E é que para o Equipo de Goberno de Monforte, o transporte público forma parte da política social do goberno municipal.

O novo servizo de bus rural, continuou o rexedor municipal, “é un servizo moderno, accesible e adaptado, que da resposta ás necesidades de todas as persoas, incluídas as que teñen mobilidade reducida ou teñen algunha discapacidade, xa que deberá ter incluída como mínimo unha praza para persoas con mobilidade reducida e válida para cadeiras de rodas, ademais de estar dotado de plataforma ou rampa de acceso, así como porta dianteira de dobre folla, que facilite subir ó autobús a calquera tipo de persoa”. “Creemos -proseguiu Tomé- que este novo autobús de transporte municipal cumprirá un fin social e, ó mesmo tempo, axudará a fomentar e a concienciar sobre o uso do transporte público, pasando a ser Monforte, unha cidade pioneira en transporte público gratuíto.”

O novo contrato do servizo de xestión integral do autobús rural de Monforte, ten un valor estimado de licitación de algo mais de 1.100.000 € establecéndose un prazo de duración de 10 anos e tendo en conta que a maior inversión se ten que facer ó poñer en marcha o servizo, xa que hai que contar coa inversión que hai que facer na compra do autobús no que se realizará o servizo. A posta en marcha, que terá lugar dentro dos 3 meses posteriores á sinatura do contrato, ten un custo de 323.787,80€ ive incluído.

As anualidades seguintes, a partir da data de inicio do mesmo, aboaranse con carácter mensual durante os 10 anos de duración do contrato.

-Detallamos as anualidade do modo seguinte:

  • Posta en marcha do servizo: 323.787,80 €
  • ANO 1: 72.516,70 €
  • ANO 2: 74.329,61 €
  • ANO 3: 76.039,19 €
  • ANO 4: 77.559,98 €
  • ANO 5: 79.111,18 €
  • ANO 6: 80.693,40 €
  • ANO 7: 82.307,27 €
  • ANO 8: 83.953,41 €
  • ANO 9: 85.632,48 €
  • ANO 10: 87.345,13 €

TOTAL: 1.123.276,16 €

Outra cuestión importante,  é que ó remate dos 10 anos de contrato, o autobús pasa a ser propiedade do Concello. A vantaxe que terá esta circunstancia para o futuro, é que cando se faga un novo contrato, o servizo sairá máis barato debido a que xa non haberá que comprar o autobús porque a vida útil é superior ós 10 anos, e polo tanto non será necesario pagar a cota de amortización do autobús.

Principais características do novo Autobús Rural de Monforte

  • Dispón de 40 prazas sentadas.
  • Conta con 1 praza para persoas con mobilidade reducida, o que se denominan prazas PMR e válidas para cadeira de rodas.
  • Ten unha plataforma ou rampla de acceso para discapacitados ou persoas con mobilidade reducida.
  • Leva incorporada unha pantalla de televisión informativa con datos facilitados polo Concello, para que os usuarios poidan saber a ruta, os horarios e incluso avisos ou mensaxes publicitarias e comerciais así como letreiros dianteiros de destino.
  • Xeolocalizador GPS que permite o seguimento da posición do vehículo en tempo real.

Incorpora ademais as seguintes características técnicas:

  • Motor de 360 CV con 5 cilindros.
  • Limitador de velocidade a 100km/h.
  • Asistente de freado activo.
  • Axuda de arranque en pendente.
  • Caixa de cambios robotizada de 12 velocidades con retarder.
  • Sistema de advertencia conductor somnoliento.
  • Paquete de seguridade GSRLL
  • Detector de cambio de carril.
  • Faros antinéboa con luz de xiro.
  • Conexión automática de luces de cruce.
  • Lonxitude máxima do vehículo de 9,85 metros.

En caso de avaría ou reparacións de mantemento do autobús urbano, a empresa adxudicataria conta cun vehículo de substitución, que fará que o servizo non se vexa interrompido.

O novo autobús vai rotulado coas cores corporativas e un deseño que o identifica como autobús de transporte de viaxeiros de Monforte de Lemos. A súa cor é o vermello porque destaca máis e porque o primeiro bus que houbo en Monforte tamén era desa cor.

Horarios e rutas

Os horarios do servizo de Bus Rural será de luns a venres laborables dende as 8:00 da mañá ata as 15:00 h.

RUTAS PERCORRIDOS E PARADAS

-Cada día laborable, de luns a venres, realizarase unha das rutas previstas, incluíndo traxecto de ida e volta, conforme ao seguinte esquema operativo:

1ª RUTA

Rozavales: Salgueiros + Infesta + Peciña

Vilamarín: Local social + Morade Grande

Caneda: Xunto á Capela e o Muíño

Santa Mariña: Local Social + Barrio Novo + Malvarón

Estación de RENFE

Estación de Autobuses

Hospital

Estacionamento Parque dos Condes

2ª RUTA

A Penela: Campo da Festa, xunto ao Potro + Fontela

Nocedas: Val + xunto lavadeiro igrexa + núcleo Nocedas

Gullade: Campo da Festa + xunto á igrexa + Recta de Gullade + Cruce de

Guntín

Marcelle: Xunto ó local social

Guntín: Xunto á igrexa e Santa Lucía

Estación de RENFE

Estación de Autobuses

Hospital

Estacionamento Parque dos Condes

3ª RUTA

Distriz: Local social + Cruce estrada Ourense

A Vide: Xunto Local social + Xunto local da igrexa

Moreda: Xunto Local social e curva do Castro

San Xoan de Tor: Cruce coa estrada de Seoane + Carrouba

San Xulián de Tor: Recta do Ibedo - Local social fronte á pista que sube á igrexa

Estación de RENFE

Estación de Autobuses

Hospital

Estacionamento Parque dos Condes

4ª RUTA

Fiolleda: San Mamede + Figueira + igrexa

Baamorto: Xunto ó cruceiro, Pol + Cinsa

Chao do Fabeiro: San Martiño + Mato + Hermida + Porto de Lobos + Cruce de

Fabeiro

Seoane: Recta de entrada + Núcleo Seoane Vello + Igrexa

Estación de RENFE

Estación de Autobuses

Hospital

Estacionamento Parque dos Condes

5ª RUTA

Sindrán: Campo de Abaixo + Local social

Bascós: Carranchousa + Local social

Chavaga: Río + Alto Chavaga

Reigada: Igrexa + Local social Reigada + Vivendas próximas á rotonda

Estación de RENFE

Estación de Autobuses

Hospital

Estacionamento Parque dos Condes

5ª RUTA Bis

Valverde: Escouredo + Valverde

A Parte: Probeiros (Local social) + Camporrío + Casa farmaceútica

Estación de RENFE

Estación de Autobuses

Hospital

Estacionamento Parque dos Condes

-O día que se realice a Ruta 5, unha vez finalizado o viaxe das parroquias de Sindrán, Bascós, Chavaga e Reigada, fará un segundo percorrido ás parroquias de Valverde e A Parte, denominándose ésta a Ruta 5 bis.

-O percorrido de volta de cada ruta será á inversa do realizado á primeira hora da mañá.

En definitiva, concluíu o Alcalde “estou seguro de que a posta en marcha deste autobús de transporte municipal para viaxeiros, cumprirá un fin social, e, ó mesmo tempo, axudará a fomentar e concienciar sobre o uso do transporte público, pasando a ser Monforte, unha cidade pioneira en transporte público gratuíto para a zona rural, xa que, que saibamos, non hai algo semellante que estea funcionando neste momento”.

A cidade de Monforte é un referente en transporte público gratuíto cumprindo un fin social, e ó mesmo tempo, axudando a fomentar e concienciar sobre o uso do transporte público. Dende o Concello, agardamos que  todos os veciños e veciñas de Monforte desfruten do novo bus rural e que sexa un servizo útil, cómodo e eficaz para todos e todas.