O Concello informa dun corte de circulación nos pasos a nivel de Rosalía de Castro e Juan Montes.
Monforte de Lemos, 14 de marzo de 2025. Dende o Concello, queremos informar a todos os veciños dun corte de circulación nos pasos a nivel de Rosalía de Castro e Juan Montes por un tempo indeterminado. O motivo do cese temporal de circulación, está motivado pola necesidade de reparación dunha cabeza tractora que sufriu unha avería cando estaba realizando traballos de mantemento nas vías do ferrocarril. Tal e como nos transmite Adif, o restablecemento da circulación con normalidade producirase en canto o problema sexa subsanado e que será o antes posible.