-O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó primeiro semestre deste ano 2025, cunha nova actuación este domingo 16 de marzo no Edificio Multiusos a partir das 18:00 horas.
-É unha obra dirixida a público infantil e familiar, a partir de 4 anos, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2025. O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó primeiro trimestre deste ano 2025, cunha nova actuación este domingo 16 de marzo no Edificio Multiusos a partir das 18:00 horas.
Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a posta en escena da obra para público infantil e familiar (a partir de 4 anos), A nena e o grilo camiño das cores, da compañía Magín Blanco, obra composta por Magín Blanco e Pepablo Patinho, dirixida por Pepablo Patinho e coa interpretación de Montse Piñón López, Pedro Pablo Patiño Peña, Jorge Casas Caneiro, Magín Blanco García e Pablo Vidal Mendoza.
É unha obra con 5 euros de entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Sinopse
A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda das Apertas en directo. É a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego.
O fío condutor desta peza son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva.
A Nena xunto coa Banda das Apertas que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar para viaxar ao País das Apertas!
A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, para público adulto, será Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, que terá lugar o xoves 10 de abril no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.