-Gloria Prada, acudiu en representación do Alcalde de Monforte, que se atopa na VI Conferencia de Presidencias de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consell Insulars, ó Obradoiro “Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola” organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo co apoio do Igape.
-Esta iniciativa xurde para que as empresas do sector do viño da Ribeira Sacra poidan participar nunha xornada técnica de traballo adicada á innovación en viticultura na que participaron expertos de referencia, explicando os últimos avances en tecnoloxía, aplicada ó cultivo da vide e á produción de viño.
Monforte de Lemos, 21 de marzo de 2025. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, en representación do Alcalde, José Tomé Roca, que non puido asistir por atoparse de viaxe de traballo, acudiu ó obradoiro “Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola” acompañada polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, que se desenvolveu no Parador de Monforte de Lemos, en xornada de tarde, durante este venres, día 21 de marzo.
A iniciativa, tal e como explica a CEL, é unha oportunidade única para coñecer como a intelixencia artificial, a visión por computador, a dixitalización e a automatización están a transformar o mundo da viticultura, mellorando a produtividade e a calidade dos viños.
Gloria Prada, quixo dar a benvida en nome do Alcalde, ós organizadores, poñentes e participantes no obradoiro, satisfeita porque iniciativas desta calidade, con poñentes e técnicos de gran prestixio como os que visitan hoxe a nosa cidade, poidan compartir en Monforte os seus coñecementos e experiencia no mundo do viño, convencida de que a innovación tamén en viticultura, é o futuro.
Tal e como explicou a Tenente Alcalde, este tipo de iniciativas son oportunidades moi valiosas para coñecer como se pode mellorar a produtividade e a calidade dos viños a través da intelixencia artificial e dos últimos avances en tecnoloxía, e é unha gran oportunidade que teñan lugar na Capital da Ribeira Sacra.
Dentro da programación que se desenvolveu na xornada, incluíase unha charla maxistral “Detección temperá e enfermidades do viñedo mediante intelixencia artificial e visión por computador” de Javier Tardáguila Laso, Catedrático de Viticultura de Precisión da Universidade de La Rioja, así como intervencións de expertos como Miguel Tubio, director técnico do Grupo Martin Códax; Pablo Franco, director técnico da D.O Calificada Rioja ou Alfonso Losada, experto en vitivultura e enoloxía.