Obradoiro de emprego

 

O 29 de setembro de 2017 deu comezo o Obradoiro de Emprego Cobas Xuvenil, programa mixto de emprego e formación, dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo Concello de Monforte de Lemos e financiado polo Concello e pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

obradoiro de emprego

A duración do Obradoiro será de 6 meses e ao finalizar, @s alumn@s-traballador@s que superen as probas de avaliación, obterán un certificado de profesionalidade. Tamén recibirán formación en materia de Prevención de riscos laborais, Sensibilización ambiental, Alfabetización informática, Sensibilización en igualdade de xénero e inserción laboral e Técnicas de búsqueda de emprego. Nel formaranse un total de 15 alumn@s-traballador@s, repartid@s en dúas especialidades:

  • Traballos de carpintería e moble, MAMD0209.
  • Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, AGAO0209.

@s alumn@s-traballador@s participantes son contratad@s pola entidade promotora pola modalidade de contrato de traballo para a formación e aprendizaxe e no proxecto tamén se conta con dous docentes, un por especialidade, unha directora e unha administradora.

O obxecto de actuación do proxecto é o acondicionamento da contorna do río Cabe ao seu paso polas zonas de Cobas e A Pinguela, onde se acometerá unha instalación de rego, o axardinamento e mantemento das zonas verdes e confección e instalación de bancos e valado de madeira.