O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Decembro 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
“COMPRAS COMPULSIVAS”
Todos facemos compras. Así obtemos elementos necesarios como alimentos e roupa, e artigos de luxo como teléfonos móbiles e decoración para o fogar. Agora máis que nunca, é máis fácil comprar coa oferta de compras en liña as 24 horas, pero cando as compras se converten en compras compulsivas?
A compra compulsiva é un desexo incontrolable de comprar, que resulta no gasto de grandes cantidades de tempo e diñeiro na actividade. En xeral, unha persoa que compra compulsivamente ten a necesidade de comprar en resposta a emocións negativas e con frecuencia ten problemas coas relacións e as finanzas como resultado da súa conduta de compras.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para máis información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com