O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. NOVEMBRO 2022

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. NOVEMBRO 2022

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

O SUICIDIO

FACER VISIBLE O INVISIBLE

Non son poucas as persoas que tentan, e en moitas ocasións conseguen, provocarse a morte de forma deliberada, suicídanse. Cando como persoas e como profesionais temos noticia dalgunha persoa que se ha auto lesionado ou se quitou a vida, adoitamos expornos… podería facer algo que axudase a esa persoa?, teño información e/o formación para afrontar este tipo de situacións?

 O suicidio continúa sendo un tema tabú que nos leva ao seu descoñecemento.

O suicidio orixina máis mortes a nivel mundial que a suma das producidas por homicidios e guerras.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

e-mail: uad@concellodemonforte.com