O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xaneiro 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
“PROPÓSITOS DE ANO NOVO”
Quero facerche unha pregunta: de verdade buscas cumprir os teus propósitos de ano novo ou es unha desas persoas que sempre acaban por rendirse? Se a resposta é a segunda opción, deixa de sentirte mal por iso, porque ademais de non ser a única persoa, podes xerar ese cambio de actitude en ti mesmo.
Para comezar o ano novo de forma produtiva, é necesario dedicar un tempo á auto-reflexión, no que fagamos a conciencia unha autoanálise dos nosos comportamentos, que facemos ben ou mal, e que alternativas podemos tomar para facer o cambio que necesitamos.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para máis información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com