O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Novembro 2021
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
"MITOS SOBRE O AZAR"
Que significa a expresión ao azar?
Se algo foi "ao azar" ou "por azar", significa que foi por casualidade, de maneira fortuíta ou accidental, involuntario, ou sen unha intención ou un motivo determinado ou prefixado, algo que ocorre sen reflexionar sobre iso nin planealo, algo que non ten guía nin rumbo, e que non ten orde ou ocorre aleatoriamente.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
e-mail: uad@concellodemonforte.com