CAMPAÑA DE VERÁN 2022

Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable forma parte deste cometido.

Primeiro verán pospandemia, relaxación colectiva e alcol; a recuperación das tradicionais festas e celebracións, unha combinación explosiva este verán, tanto para os mozos como para os adultos.

Dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte queremos alertar do alto risco de consumo de alcol durante as vacacións por parte de adolescentes e xóvenes, e asimesmo dos adultos.

 Lembrando sempre que:

OS MENORES NIN UNHA PINGA DE ALCOL e os adultos con moderación.

Para lograr o noso obxectivo se repartirán carteis e dipticos por farmacias, establecementos sanitarios e outros lugares públicos cunha serie de “Recomendacións para que o consumo de alcol en verán sexa algo para gozar e non nos carrexe ningún problema.

Para mais información:

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Servizo de Prevención

Praza da Estación – 17

27400 – Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

uad@concellodemonforte.com

 Facebook:

Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos