1 de Decembro, Día Mundial da SIDA

Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida. Ese día xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

 Cada Día Mundial da Sida vira ao redor dun tema diferente. Este ano o lema será: Igualdade Xa. O tema deste ano incorpora toda unha lista de desafíos sobre os que o Día Mundial da Sida alertou en todo o mundo:

 Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo. Desde entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.

  • En todo o mundo levan a cabo actividades de concienciación.
  • Tamén moita xente decide levar un lazo vermello, que é o símbolo universal que mostra o apoio e a solidariedade para coas persoas que viven co VIH.
  • Moita xente que vive co VIH escolle ese día para alzar a voz e facerse oír sobre temas importantes nas súas vidas.
  •  Moitos grupos de persoas que viven co VIH e outras moitas organizacións da sociedade civil implicadas na resposta á sida mobilízanse en apoio das comunidades ás que representan e para recadar fondos.
  • As actividades que se realizan poñen de manifesto o estado actual da epidemia.

O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu. A día de hoxe é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ao estigma e a discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.

Lema 2022

Igualdade Xa