Desde que estalou a crise da COVID-19, as nosas vidas estiveron máis mediadas que nunca pola tecnoloxía e as pantallas, especialmente entre a xente adolescente e moza que xa facían un uso intensivo das TIC antes da pandemia. Sabemos, por estudos que realizamos previamente, que grazas á tecnoloxía este período fíxoselles moito máis levadío, que se describen, en liñas xerais, moi competentes no ámbito dixital e que non recoñecen na educación formal un espazo crave onde adquirir habilidades tecnolóxicas, entre outras moitas cuestións. Neste corte do barómetro quixemos profundar nos impactos da pandemia nesas percepcións xuvenís ao redor das tecnoloxías, en como incidiu nos estudos ou o traballo, nos seus usos e nas súas competencias dixitais.