UAD

 

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS (Nº Registro: C-27-000100)

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos iniciou a actividade no ano 1.987 dependendo orgánicamente do Concello de Monforte e funcionalmente da Consellería de Sanidade. Desde o comezo atendeu tanto a dependencia de drogas ilegais, como alcolismo, tabaquismo e ludopatías. Ampliando, co paso do tempo, a súa actividade aos ámbitos da prevención e da inserción social.

Lucha drogas

Desde que se estableceu rexistro estatístico dos Centros, observouse que a Unidade foi incrementando o número de usuari@s progresivamente, tanto na área sanitaria de Monforte como na do Barco de Valdeorras. Ao mesmo tempo obsérvase un cambio no perfil d@ usuari@ e nos hábitos de consumo relacionados cos novos usos de sustancias, o que ven dado entre outros motivos, polos cambios sociais que se estiveron producindo e que aínda se producen.

Na UAD prestan servizo: médica-psiquiatra, psicóloga clínica, traballadora social, enfermeira, educadora social, monitora de tempo de lecer e administrativo.

 

Desde a UAD ofrecemos información, orientación e asesoramento para pais, profesores, moz@s e público en xeral.
Prevención de drogodependencias nos seguintes eidos:
Sensibilización e formación.
Educativo.
Familiar.
Xuvenil.
Laboral.

Asistencia a problemas relacionados con:
Alcol
Tabaco
Drogas ilegais
Ludopatía
Adiccións sen sustancia (Tic, compras,...)

E ademais: Desintoxicación ambulatoria e hospitalaria. Intervencións individuais e familiares. Grupos de pais/nais. Grupos de disminución de riscos. Grupos de sexo seguro. Actividades de tempo de lecer. Reinserción socio-laboral. Comunidade terapéutica.
 

 Para estar ao día da actualidade da Unidade podes seguirnos en Facebook.

 Información sobre a U.A.D.

 

 

prueba VIH A nosa carteira de servizos completámola co Proxecto de detección precoz do VIH mediante a realización de test rápidos en fluído oral. As probas realízanse de modo anónimo e coa garantía de ser atendid@ e asesorad@ por profesionais expertos.

Quén debería realizar esta proba? Todas aquelas persoas que adoiten ter prácticas de risco para contraer o VIH como poden ser:

Homes que teñen sexo con homes e que non usaron preservativo.
Persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
Persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
Persoas que compartiron xiringas e outros materiais para inxectarse drogas.

Máis información aquí