Calquera incidencia relacionada co servizo de recollida pode comunicarse directamente á empresa concesionaria (Fomento de Construcciones y Contratas S.A.) ou directamente no teléfono gratuito 900 101 390.
Tamén pode poñerse en contacto co área de medioambiente, a través do formulario de contacto desta sección.
Servizos porta a porta:
Recollida de enseres (voluminosos): Solicítea no teléfono gratuito 900 101 390
Recollida de cartón en establecementos comerciais (Zona Centro): Horario: A partir das 22.00h
O Concello de Monforte de Lemos conta ademais con dous puntos máis de recollida segundo as características dos residuos: Punto Limpo e Centro Verde.