Benestar social

 

PRÉSTAMO DE LIBROS

O Concello de Monforte de Lemos, xunto cos colexios A Gándara e CEIP Monforte desenvolven o Programa Préstamo de Libros, como resposta á delicada situación laboral e económica que sofre un gran número de familias. Este proxecto está pensado para favorecer a reutilización dos libros de texto de primaria nos CEIP A GÁNDARA e MONFORTE. Un programa voluntario e de carácter solidario que necesita da colaboración dos centros e, sobre todo, das familias, para poder ser unha realidade.

libros, cultura

FASES DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

Primeira fase: Do 25 de xuño ao 5 de xullo, todas as persoas que o desexen poderán proceder á entrega de libros de texto en bo estado no centro educativo no que curse estudos @ seu/súa fill@.

Segunda fase: Do 8 ao 19 de xullo, as persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán presentar nos colexios a solicitude para a obtención e uso dos libros de texto dispoñibles.

Terceira fase: A mediados de agosto e unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas, comunicaráselle ás familias participantes neste programa que libros van recibir e cales deberán comprar. Deste xeito evitaranse atrancos de última hora tanto para as familias como para @s libreir@s.

Cuarta fase: Do 2 ao 6 de setembro. Entrega de libros de texto ás familias seleccionadas no centro educativo de referencia.

Todos os trámites faranse nos propios colexios no horario de 10:00 h a 13:00 h.

@s conserxes dos dous colexios serán @s encargad@s de recoller os libros e as solicitudes, contando co apoio de persoal de Servizos Sociais, que será o departamento municipal que se encargará de valorar as solicitudes presentadas.