Conciliación

BANCO DE TEMPO

O Banco de Tempo é un sistema de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos nos que o valor de cambio é o tempo e a unidade de medida é a hora. Ten por finalidade favorecer ás persoas a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral. Diríxese a todas as persoas interesadas, só hai que ser maior de idade, estar empadroad@ no Concello de Monforte de Lemos e cubrir a solicitude de adscrición / baixa e catálogo de servizos. Para inscribirse necesitan: fotocopia do D.N.I. ou N.I.E. se é o caso, certificado de empadroamento.
O prazo de inscrición está aberto durante todo o ano.
Cómo inscribirse: deben de solicitar cita previa no CIM (horario de Luns a Venres de 8.00 a 15.00. Teléfono: 982 416 350 Fax: 982 416 357. e-mail: cim@concellodemonforte.com

 

As persoas interesadas inscríbense:mayores

Ofertando os seus servizos ou coñecementos.
Indicando o tempo do que dispoñen. 
Demandando outros servizos ou coñecementos que necesiten.

O Banco de Tempo ten como finalidade:
Aprender algo novo.
Ensinar o que sabemos facer.
Compartir experiencias.
Coñecer xente.
Realizar actividades que che gusten.
Estar en contacto con outras persoas e comezar novas relacións.

 Decreto polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación

Catálogo de servizos

Carta de adhesión

Solicitude de baixa

 

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A Escola Infantil Municipal ofrece servizo todo o ano de Luns a Venres en horario de 7.50 a 18.00. Está dirixida á poboación infantil de 3 meses a 3 anos de idade. Ten capacidade para 41 persoas usuarias contando coas seguintes unidades:

1 UNIDADE de 0 a 1 anos con capacidade para 8 persoas usuarias.
1 UNIDADE de 1 a 2 anos con capacidade para 13 persoas usuarias.
1 UNIDADE de 2 a 3 anos con capacidade para 20 persoas usuarias.

ABC

 

Requisitos

Poderán solicitar praza na Escola Infantil Municipal do Concello de Monforte de Lemos os pais, nais, titores/as ou representantes legais de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Que o neno/a xa nacese no momento de presentación da solicitude.

2.- Que teña unha idade mínima de 3 meses de idade na data de ingreso e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. Os nenos e nenas poderán ser usuarios e usuarias do servicio ata o momento no que corresponda iniciar a educación infantil do 2º ciclo.

Os nenos e nenas poderán ser usuarios e usuarias do servicio ata o momento no que corresponda iniciar a educación infantil do 2º ciclo.

Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo co Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ou normativa vixente. Poderán integrarse nenos e nenas con discapacidade físicas, psíquicas ou sensoriais de acordo coa lexislación vixente e nas condicións que na mesma se especifiquen. O sistema de admisión respectará o principio de igualdade e non discriminación.

  Documentación a presentar para preinscrición e matrículas

 

Preinscrición

Para iniciar o procedemento de matrícula debe realizarse previamente unha solicitude de reserva de praza:

Solicitude de Reserva de Praza por RenovaciónPrazo de presentación: do 1 ao 31 de marzo, ambos inclusive.
Solicitude de Reserva de Praza por novo ingreso. Prazo de presentación: do 1 ao 30 de abril,  ambos inclusive.

Reserva de Praza por novo ingreso Curso 2024-2025

Reserva de Praza por renovación Curso 2024-2025

 

MatrículaKids

Os nenos e nenas admitidos/as, tanto polo proceso de preinscrición de reserva de praza como por novo ingreso, terán que formalizar a matrícula. Prazo de Matrícula do 1 ao 15 de xullo ambos inclusive. Para as familias con nenos e nenas admitidos/as deberán cubrir e presentar a solicitude segundo o modelo normalizado de matrícula xunto coa documentación esixida ao efecto. Se terminado o prazo de matrícula non se formalizara ésta, decaerá o dereito á praza obtida.​

Solicitude de matrícula curso 2024-2025

 

Baixas

Será causa de baixa na Escola Infantil Municipal:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) Por solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) Por falta de pagamento do prezo establecido durante 2 meses consecutivos ou 3 alternos, calquera que

sexa o curso escolar ó que se refire a débeda, sen prexuízo de reclamación da débeda polo procedemento

legalmente establecido.

d) Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.

e) Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no Centro.

f) Por falta de asistencia continuada durante 15 días sen causa xustificada.

Impreso Baixa

 

LISTAS CURSO 2024/2025  ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Lista definitiva de admitidos/as 0-1 anos Curso 2024-2025

Lista definitiva de admitidos/as 1-2 anos Curso 2024-2025

Lista definitiva de admitidos/as 2-3 anos Curso 2024-2025

Lista definitiva de agarda 0-1 anos Curso 2024-2025

Lista definitiva de agarda 1-2 anos Curso 2024-2025

Lista definitiva de agarda 2-3 anos Curso 2024-2025

Lista definitiva de non admitidos/as Curso 2024-2025

 

Normativa 

BOP Nº 104 do 06/05/2024 Regulamento Réxime Interno Escola Infantil Municipal de Monforte de Lemos 

BOP Nº 73 do 27/03/2024 Ordenanza non fiscal reguladora prestación patrimonial de carácter non tributario polos servizos prestados pola Escola Infantil Municipal de Monforte de Lemos

 

Máis información aquí