TRÁMITES DIRIXIDOS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Pensión non Contributiva de Invalidez
Prestación económica individual de carácter periódico que cubre continxencias de invalidez ou deficiencia e que asegura a todas as persoas en situación de invalidez e en estado de necesidade, unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuita e servizos sociais complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de modo insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.
Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada.
Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que @ propietari@ logo non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.
Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de PNC, FAS e SGIM
Establecer axudas sociais de carácter extraordinario e anual a favor das persoas beneficiarias das pensións non contributivas (PNC) de invalidez e xubilación, do fondo de asistencia social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM). Estas axudas sociais, persoais e intransferibles, teñen carácter extraordinario e non se consolidarán para o futuro. Esta axuda será distinta das do sistema da Seguridade Social e das que poida outorgar a Administración xeral do Estado e será compatible con elas.
Transporte Adaptado (065)
O Servizo de Transporte Adaptado é un servizo público autonómico de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con discapacidad e/ou dependentes a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguridade, cos medios necesarios e coa presenza dun/unha monitor/a acompañante.
Recoñecemento do grao de discapacidade
Para obter a valoración da discapacidade o solicitante deberá ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave e obter unha porcentaxe mínima do 33%. Este recoñecemento da lugar a unha serie de beneficios fiscais, sociais e/ou económicos.
Programa de Acollemento Familiar de persoas con discapacidade
Axudas económicas para persoas con discapacidade que desexen integrarse no programa de Acollemento Familiar. A finalidade deste programa é procurar o mantemento da persoa con discapacidade no seu medio social habitual facilitando a súa integración e evitando o internamento en institucións cando non sexa desexado.
Estadías temporais
Enténdese por estadía temporal a permanencia en réxime de aloxamento, mantemento e atención integral nun Centro Residencial por un período de tempo predeterminado, durante o que @s usuari@s destas prazas terán os mesmos dereitos e deberes que @s residentes fix@s.
Campamentos de Verán para persoas con discapacidade
Procura a integración social de moz@s con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.
Área Política Social Xunta de Galicia