Subvencións

PLAN: REACTIVA MONFORTE

Corrección erros Decreto Resolución Axudas Plan Reactiva (20-21 Maio)

Decreto Resolución Axudas Plan Reactiva (20-21 de Maio)

Decreto Resolución Axudas Plan Reactiva (19 de Maio)

Corrección erros Decreto Aprobación Listados

Decreto Aprobación listados Plan Reactiva das solicitudes do 14 ao 18 de maio

O Alcalde asina o pago das primeiras 208 axudas do Plan Reactiva Monforte

 Publicación BOP

 Bases finais

 Modelo Solicitude

 Modelo Declaración Responsable

 

SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NO MARCO DO ACORDO DA COMISIÓN BILATERAL CELEBRADA O 29 DE OUTUBRO DE 2020, RELATIVO Á ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DO CONXUNTO HISTÓRICO E ZONAS DE RESPECTO DE MONFORTE DE LEMOS (LUGO) 13ª FASE, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018 – 2021

A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento de concesión das subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (o IGVS) e o Concello de Monforte de Lemos, o 29 de outubro de 2020, relativo a concesión das axudas para a área de rexeneración e renovación urbana do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos 13ª Fase, no marco do Real Decreto 106/2018, de 10 de marzo de 2018, polo que se aproba o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Fomento (actualmente Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do dito plan, conforme co establecido no artigo 5 do RD 106/2018 e no punto Noveno da Resolución do 19 de xuño de 2020 do IGVS.

Bases Axudas ARI Fase 13

 

 

SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS 2023

As previstas nominativamente nos Presupostos Xerais do Estado, das Comunidades Autónomas ou das entidades locais, nos termos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.

Aquí podes descargar os modelos de anexos para solicitude e xustificación de subvencións:

Anexos entidades deportivas 2023 Clubs:

Anexos Xustificación:

Anexos Solicitude:

Anexo I Clubs Solicitude subvención nominativa 2023

Anexo II Clubs Memoria de actividade 2023

Anexo III Clubs Orzamento de gastos financiables 2023

Anexo IV Clubs Declaración responsable 2023

Anexo V Clubs Declaración de outras axudas 2023

Anexo VI Clubs Declaración documentos rexistro asociación 2023

Anexo VII Clubs Acreditación representación 2023

 

RALLY DAKAR 2023:

Anexos Xustificación:

Anexos Solicitude:

Anexo I París Dakar Solicitude subvención nominativa 2023

Anexo II París Dakar Memoria de actividade 2023

Anexo III París Dakar Orzamento de gastos financiables 2023

Anexo IV París Dakar Declaración responsable 2023

Anexo V París Dakar Declaración de outras axudas 2023

Anexo VI París Dakar Declaración documentos rexistro asociación 2023

Anexo VII París Dakar Acreditación representación 2023

 

Documentación entidades non deportivas 2023:

Anexos Xustificación:

Anexos Solicitude:

Anexo I Solicitude subvención 2023

Anexo II A Memoria de actividade 2023

Anexo III Declaración débedas 2023

Anexo IV Declaración outras subvencións 2023

Anexo V Acreditación representación 2023

Anexo VI Declaración documentos rexistro asociación 2023

 

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA

1. AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2022

A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar a concesión, para o ano 2022 do PROGRAMA DE FOMENTO DA INICIATIVA EMPRESARIAL NO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a
posta en marcha de novos proxectos empresariais.

A presente convocatoria enmárcase no programa de “Promoción do emprego” ano 2022, que ten como obxectivo principal fixar poboación no concello e contribuír a un crecemento sostible, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego.

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022.

Bases

Publicación BOP

 

2. ASOCIACIÓNS LÚDICAS E CULTURAIS

O Concello de Monforte de Lemos pretende apoiar e incentivar as actividades desenvolvidas por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Municipio de Monforte de Lemos que se atopen inscritas no rexistro de asociacións, para as actividades a desenvolver no exercicio 2021.

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar programas, proxectos ou actividades culturais, lúdicas, recreativas ou formativas de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Publicación BOP 2022

  Bases 2022

 

3. ASOCIACIÓNS SOCIAIS 2023

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2023.

Esta convocatoria pública ten por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades e asociación sen ánimo de lucro que realicen proxectos de prestación de servizos sociais no Concello de Monforte de Lemos para o ano 2023. As axudas outorgaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación. Terán carácter voluntario e eventual e non serán invocables como precedente. Deste xeito, o Concello de Monforte de Lemos pretende fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social previamente inscritas no Rexistro municipal de asociacións atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

Bases 2023

OS ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES EN FORMATO EDITABLE NA SEDE ELECTRÓNICA PARA A SÚA TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA

 

4. SUBVENCIÓNS FESTAS BARRIOS E PARROQUIAS 2023

Dende o Concello de Monforte de Lemos preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais, mediante o outorgamento de subvencións, a promoción e organización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional entendendo por cultura popular e tradicional en especial, as festas, as tradicións, os costumes, a música, os bailes e danzas, as representacións, o folclore, así como calquera outra manifestación de carácter popular e tradicional nos barrios e parroquias deste Concello.

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar festas populares nos barrios e parroquias do Concello de Monforte.

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria todas as parroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e sempre que xustifiquen as condicións establecidas nas bases.

NOTA IMPORTANTE - Estas subvencions están suxeitas a IRPF se quen a solicita é unha persoa física, según o Artigo 33 da LIRPF, como ganancia patrimonial. Os beneficiarios poderán solicitar certificación da finalidade da axuda recibida ós efectos de comunicalo á Facenda Estatal.

Consultar as BASES da convocatoria.

 

5. DEPORTISTAS INDIVIDUAIS TEMPADA 2021-2022

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Monforte, sendo conscientes do esforzo económico que supón a práctica deportiva para deportistas de modalidades individuais, sobre todo cando grazas ó esforzo e dedicación se consegue participar en eventos e competicións deportivas fora do ámbito da xeografía galega e en moitos casos  estatal, convócase a concesión de bolsas a deportistas individuais do Concello de Monforte para a tempada 2021-2022

O obxecto das presentes bases é regular o procedemento mediante concorrencia competitiva , de axudas económicas a deportistas individuais do Concello de Monforte de Lemos que, como mínimo, teñan participado no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria.

As persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.

Publicación BOP

Bases 2022

 

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA NON COMPETITIVA

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA"

Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro dual de emprego “Acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela”, financiados a través da convocatoria 2019 de axudas e subvencións a Obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no BOP.

Publicación BOP 21-11-2020

Bases e formulario de solicitude

 

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, A CLUBS DEPORTIVOS DO CONCELLO DE MONFORTE QUE PARTICIPEN EN CAMPIONATOS DE ESPAÑA, DE EUROPA OU DO MUNDO ENTRE O 15.10.2022 E O 13.10.2023

Publicación BOP 27-02-2023

 Bases 2023