Procesos selectivos

Director/a do Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela II"

Director/a do Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela II"

19/11/2024 Bases

ANUNCIO DO PROCESO:

As persoas que desen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos. A instancia deberá de conter, polo menos, os datos persoais do solicitante coa súa dirección, a denominación da praza, achegando fotocopia do DNI en vigor, xustificante do pago da taxa esixida, declaración responsable de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases, documentación acreditativa dos méritos alegados conforme se dispón nas presentes bases.

Aqueles aspirantes que estean aqueixados por unha minusvalía poderán incluír solicitude de adaptación dos lugares de celebración dos exames. Para este caso deberán de aportar certificación oficial de minusvalía que lles afecta, expedida polo órgano competente da Administración estatal ou Autonómica.

O prazo para presentación de solicitudes será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria das presentes bases na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do concello.

A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común. Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deberán comunicalo ó correo electrónico rrhh@concellodemonforte.com ou no fax 982404812 no mesmo día da súa presentación aportando xustificante da súa presentación.

Rematado o prazo de 6 días naturais o Sr. Alcalde ditará decreto aprobando a lista de admitidos e excluídos, para ser admitido as solicitudes dos aspirantes deben axustarse o disposto no apartado anterior é dicir, aportando:

  • Fotocopia do DNI en vigor.
  • Xustificante do pago da taxa esixida.
  • Copia compulsada da titulación esixida.
  • Declaración xurada de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases.
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados.

Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Monforte de Lemos e na páxina web municipal www.monfortedelemos.es.

Os requisitos esixidos para participar no proceso selectivo non serán obxecto de baremación. Os méritos baremables deben estar en todo caso relacionados coas funcións a desenvolver.

As persoas candidatas preseleccionadas que non acrediten axeitadamente os requisitos de titulación e experiencia profesional, quedarán excluídas do proceso selectivo, polo que o seu currículo non será obxecto de baremación.

A entrevista terá lugar o mércores 27 de novembro de 2024, ás 9:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, Campo San Antonio, s/nº, para o posto de director/a.

Persoas traballadoras do Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación naves Escola Obradoiro A Pinguela II"

Persoas traballadoras do Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación naves Escola Obradoiro A Pinguela II"

20/11/2024 Resultado Proceso Selectivo

20/11/2024 Resultado entrevistas

12/11/2024 Actualización Preselección SEPG Peóns da construción de edificios

07/11/2024 Tribunal

05/11/2024 Preselección SEPG Carpinteiros

05/11/2024 Preselección SEPG Peóns da construción de edificios

05/11/2024 Bases 2024

Dous docentes Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación naves Escola Obradoiro A Pinguela II"

Dous docentes Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación naves Escola Obradoiro A Pinguela II"

14/11/2024 Resultado do Proceso Selectivo

07/11/2024 Tribunal

07/11/2024 Lista definitiva de admitidos e excluidos

29/10/2024 Bases

ANUNCIO:

A Xunta de Goberno Local de data 21/10/2024  aprobou as BASES PROCESO SELECTIVO DE DOUS DOCENTES OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REHABILITACIÓN NAVES ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA II”.

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

A instancia deberá conter, polo menos: os datos persoais do solicitante coa súa dirección (achegando fotocopia do DNI en vigor), a denominación da praza, xustificante do pago da taxa esixida, declaración responsable de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases, documentación acreditativa dos méritos alegados conforme se dispón nas presentes bases.

Aqueles aspirantes que estean aqueixados por unha minusvalía poderán incluír solicitude de adaptación dos lugares de celebración dos exames. Para este caso, deberán aportar certificación oficial de minusvalía que lles afecta, expedida polo órgano competente da administración estatal ou autonómica.

O prazo para presentación de solicitudes será de 7 días naturais, contados a partir do seguinte desta publicación.

A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común. Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deberán comunicalo ó correo electrónico rrhh@concellodemonforte.com ou no fax 982404812, no mesmo día da súa presentación, aportando xustificante da súa presentación.

Rematado o prazo de 7 días naturais o Sr. Alcalde ditará decreto aprobando a lista de admitidos e excluídos.

Para seren admitidas, as solicitudes dos aspirantes deben axustarse o disposto en apartado anterior é dicir, aportando:

  • Fotocopia do DNI en vigor.
  • Xustificante do pago da taxa esixida.
  • Copia compulsada da titulación esixida.
  • Declaración xurada de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases.
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados.

Administrador/a do Obradoiro Dual de Emprego"Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela II

Administrador/a do Obradoiro Dual de Emprego"Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela II

14/11/2024 Resultado do Proceso Selectivo

07/11/2024 Tribunal

07/11/2024 Lista definitiva de admitidos e excluidos

29/10/2024 Bases

ANUNCIO:

A Xunta de Goberno Local de data 21/10/2024 aprobou as BASES PROCESO SELECTIVO ADMINISTRADOR/A DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REHABILITACIÓN NAVES ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA II”.

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos. A instancia deberá conter, polo menos: os datos persoais do solicitante coa súa dirección (achegando fotocopia do DNI en vigor), a denominación da praza, xustificante do pago da taxa esixida, declaración responsable de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases, documentación acreditativa dos méritos alegados conforme se dispón nas presentes bases.