1 de DECEMBRO
Día Mundial da Sida
O lema do Día Mundial da Sida de 2019 é:
“As comunidades marcan a diferenza”
O Día Mundial da SIDA, conmemorado anualmente o 1º de decembro, é unha oportunidade para celebrar e apoiar os esforzos mundiais para previr novas infeccións polo VIH, ampliar a concientización e os coñecementos sobre ese virus e apoiar ás persoas seropositivas.
Desde que se comezou a observar o Día Mundial da SIDA hai máis de 30 anos, o progreso en materia de prevención e tratamento da infección polo VIH foi extraordinario. Hai medicamentos para combatela que axudan ás persoas seropositivas a ter unha vida longa e saudable e previr a transmisión do virus, pero hai que lembrar que aínda non existe vacina nin medicación que cure totalmente a enfermidade.
La celebración del Día Mundial del Sida brinda una oportunidad importante para reconocer el papel fundamental que las comunidades han desempeñado y continúan desempeñando en la respuesta al sida a nivel local, nacional e internacional.
As comunidades contribúen á resposta á sida de maneiras moi distintas. O seu liderado e a defensa que levan a cabo permiten garantir que a resposta siga sendo relevante e fundada, que as persoas sigan estando no centro e que ninguén quede detrás. Nestas comunidades intégranse os educadores de iguais, as redes de persoas que viven co VIH ou están afectadas polo virus, como os gais e outros homes que teñen relacións sexuais con homes, as persoas que se inxectan drogas e os traballadores sexuais, as mulleres e a xente nova, os asesores, os traballadores sanitarios da comunidade, os provedores de servizos de porta a porta, as organizacións da sociedade civil e os activistas populares.(ONUSIDA)
Na UAD de Monforte seguimos a traballar para ofrecerlle os usuarios e a poboación xeral da Comarca de Lemos e arredores a mellor oferta asistencial. Dentro da nosa carteira de servizos adheríndonos o Proxecto de detección precoz do VIH mediante a realización de test rápidos en fluido oral. As probas realzanse de xeito totalmente anónimo e gratuito, e coa garantía de ser atendido e asesorado por profesionais expertos.
Quen debería realizar esta proba?
Todas aquelas persoas que tiveran prácticas de risco para contraer o VIH como poden ser:
- Os homes que teñen sexo con homes e que non usaron preservativo.
- As persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
- As persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
- As persoas que compartiron xiringas e outros materiais para inxectarse drogas.
Máis información sobre esta proba no seguinte enlace:
http://www.sergas.es/Saude-publica/Programa-da-proba-rapida-de-VIH?idioma=es