Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
O BNG solicitou a comparecencia da presidenta de Paradores no Congreso dos Deputados

O alcalde de Monforte reuniuse no día de onte coa deputada do BNG no Congreso,  Rosana Pérez, para analizar que medidas se poden adoptar ante o posible peche do Parador de San Vicente do Pino durante cinco meses ó ano.

 

06/12/2012 Noticias histórico
A Teleasistencia Domiciliaria motiva unha moción do goberno municipal

O grupo de goberno rexistrou unha moción solicitando o compromiso do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad con respecto ó cofinanciamento da Teleasistencia Domiciliaria.

 

11/12/2012 Noticias histórico
O Concello e o Fogar San José asinaron un convenio de colaboración

O alcalde, Severino Rodríguez, e a relixiosa Josefa Vilariño,asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello aportará 6.000 euros para contribuír co labor que desenvolve en Monforte o Fogar de San José Hermanitas Ancianos Desamparados.

 

12/12/2012 Noticias histórico
Acordo dos tres grupos municipais na defensa do Parador de Monforte

Severino Rodríguez reuniuse hoxe, ás 13:00 h. na Casa do Concello, cos voceiros/as dos tres grupos políticos da Corporación Municipal para abordar a situación do Parador de Monforte ante as medidas anunciadas pola dirección da compañía.

 

12/12/2012 Noticias histórico
O PXOM someterase a aprobación inicial o venres 21 de decembro

O Alcalde anunciou oficialmente a celebración dun pleno extraordinario, o venres día 21 de decembro ás 18:00 h., para levar a cabo a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

 

14/12/2012 Noticias histórico
O goberno municipal pregúntase se a voceira do PP defende os intereses de Monforte ou os de Paradores

Diante da negativa do Partido Popular de Monforte a asinar as cartas dirixidas ó ministro de Industria, Energía y Turismo e ó presidente da Xunta de Galicia, solicitando que o Parador de San Vicente do Pino non se vexa afectado polas medidas anunciadas pola dirección de Paradores, o grupo de goberno do BNG quere facer público o contido das citadas misivas.

 

16/12/2012 Noticias histórico
A Ribeira Sacra queda á marxe dunha promoción turística da Xunta de Galicia

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., coñecida como TURGALICIA, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo que, á súa vez, está adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ven de poñer en marcha unha campaña de promoción do turismo no país baixo o título “Vive Galicia”.

 

19/12/2012 Noticias histórico
A Deputación crea unha web ó servizo da comercialización dos produtos turísticos de Lugo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, en representación da área de Turismo do organismo provincial, presentou esta mañá en Monforte a  nova páxina web dedicada ó sector económico relacionado coa actividade turística.

 

20/12/2012 Noticias histórico
Preocupación e indignación do empresariado polas medidas que adopte Paradores

As persoas que asistiron á reunión convocada por Severino Rodríguez, todas representantes dos sectores económicos da cidade e dos traballadores do Parador, acordaron facer unha declaración na que se recolla “a enorme preocupación e indignación polas medidas que poida adoptar a compañía en prexuízo do Parador de San Vicente do Pino, de Monforte e da comarca”.

 

20/12/2012 Noticias histórico
Pleno Extraordinario 21 de Decembro de 2012

ORDE DO DÍA: Punto Único.- Aprobación Plan Xeral Ordenación Municipal

21/12/2012 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones