Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2020. O Concello de Monforte sumouse hoxe venres ó minuto de silencio convocado a nivel estatal, por ser o último dos dez días de loito oficial establecidos o 26 de maio polo Consello de Ministros a través do Real Decreto 538/2020, no que se declarou loito oficial polos falecidos como consecuencia da pandemia COVID-19. |