Monforte de Lemos, 20 de decembro de 2024. O Concello de Monforte informa que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo. O obxectivo deste cambio horario é permitirlles ós traballadores que poidan pasar esas noites na compaña das súas familias.