Sostenibilidade ambiental

 

A Estratexia de Desenvolvemento Sostible da Unión Europea é un principio xeral consistente en “determinar e elaborar medidas que permitan mellorar continuamente a calidade de vida para as actuais e futuras xeracións mediante a creación de comunidades sostibles capaces de xestionar e utilizar os recursos de modo eficiente, para aproveitar o potencial de innovación ecolóxica e social que ofrece a economía, garantindo a prosperidade, a protección do medio natural e a cohesión social”.

Este obxectivo concrétase en sete áreas prioritarias: cambio climático e enerxías limpas; transporte sostible; produción e consumo sostibles; retos da saúde pública; xestión de recursos naturais; inclusión social, demografía e migración; e loita contra a pobreza mundial. Neste contexto solicitouse que cada Estado membro asumise os seus propios compromisos de desenvolvemento sostible plasmados nas súas respectivas Estratexias Nacionais de Desenvolvemento Sostible que serían obxecto de revisión por parte da Comisión e polo resto dos Estados. club fluvial

No caso de España, a Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa forma parte da Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible, e ten un horizonte ata o ano 2020. No caso do cambio climático, as estratexias dos gobernos locais son de grande importancia xa que contribúen de modo significativo aos esforzos globais relacionados coa redución de gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático, xa que é nos asentamentos poboacionais onde actualmente se consome máis do 7,5% da enerxía mundial.

Consciente disto, o Concello de Monforte de Lemos dótase mediante a presente estratexia de sostenibilidade ambiental dunha ferramenta na que enmarcar as decisións en materia de política municipal dentro da adaptación ao cambio climático, isto é: que a acción municipal non responda só a criterios urbanísticos, económicos, de demanda dos veciños, etc. (para todo iso hai instrumentos de planificación específicos) senón tamén a criterios de adaptación ao cambio climático.

A ESTRATEXIA DE SOSTENIBILIDADE AMBIENTAL DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS   será tamén unha ferramenta que axude a manter a alta calidade de vida que ofrece o medio, que constitúe un valor fundamental a conservar para manter vivo o atractivo do municipio de Monforte de Lemos á hora de vincular a poboación ao territorio e garantir un crecemento económico sostible.

A loita contra o cambio climático non só supón restricións, senón que tamén pode orixinar oportunidades. A mitigación pode permitir reducir a dependencia dos combustibles fósiles, mellorar outros problemas do medio natural como a contaminación atmosférica das cidades e é unha boa oportunidade para modificar a planificación do territorio, canalizar as necesidades de movilidade cara a modos de transporte máis limpos ou para apostar polas novas tecnoloxías e o I D I. Combater o cambio climático non significa só reducir ou limitar as emisións dos gases de efecto invernadoiro. Requírese unha perspectiva integrada, considerando ademais das actuacións de mitigación outras de adaptación, que están adquirindo un papel cada vez máis destacado, por canto as accións a tomar van ser absolutamente necesarias e complementarias ás accións de mitigación, dado o inevitable cambio climático xa manifesto.

Bando informativo Situación de Seca prolongada 2022

Memoria_explicativa

Estratexia_Sostenibilidade_Ambiental