Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2023. A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, acompañada pola coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Luz Méndez Castro, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa a posta en marcha dunha nova edición do Programa Activa.
“Tras retomar en 2022 a organización do Plan Activa”, explicou Gloria Prada, “logo de dous anos de ausencia nos que tivemos que suspender este programa por culpa da pandemia do Covid-19, en 2023 volvemos organizalo pensando especialmente nos nosos maiores, que foi o colectivo máis prexudicado pola pandemia, porque é un dos colectivos que necesita un envellecemento activo, e que xa o ano pasado puido gozar con normalidade deste programa”.
“O Programa Activa, tanto para o Alcalde como para este Equipo de Goberno, é un dos principais compromisos adquiridos na nosa acción de goberno e ademais somos coñecedores das ganas que teñen os cidadáns e cidadás de Monforte de que este programa dea comezo”.
Deste xeito, a Tenente de Alcalde, anunciou coma novidade destacada do Programa Activa deste ano 2023-2023, que comezará as súas actividades a principios do mes outubro e se estenderán ata finais de xuño de 2024, nun total de 9 meses, que é un mes máis que en 2022, no que as actividades deran comezo en outubro. Polo tanto “este Programa Activa terá unha duración máis ampla que en edicións precedentes”.
O prazo de inscrición tanto para actividades no Centro Cívico como nas parroquias permanecerá aberto dende este luns 11 e ata o 29 de setembro, ambos incluídos.
Obxectivos
Gloria Prada explicou que os obxectivos que se marca este Programa Activa, dirixido ós veciños e veciñas de Monforte son, “por unha banda, promover o envellecemento activo e, por outra, mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.
En concreto, búscase promover o benestar bio-psico-social das persoas maiores, promover a socialización e a participación social, habilitar espazos de encontro interxeracionais, evitar as situacións de illamento e soidade das persoas maiores, e dinamizar as zonas rurais do Concello.
No Programa Activa dáse prioridade de participación “ós maiores de 55 anos, que son os que máis precisan deste tipo de actividade para volver á normalidade, e gozar dunha vida máis saudable e independente. Desta forma saen de casa, socializan e se atopan máis activos e independentes” sinalou a Tenente de Alcalde. Como en edicións anteriores, tamén se ofertarán actividades interxeracionais, dirixidas a persoas maiores de 16 anos.
Máis novidades do Programa Activa 2023-24
Gloria Prada tamén destacou na súa intervención coma outra das novidades destacadas “o aumento do número de prazas nas actividades máis demandadas e consolidadas, ofertándose un total de 533, que son 23 más que na edición de 2022-23, que era de 510 plazas, entre as que haberá prazas para persoas discapacitadas. Esta ampla oferta de prazas nos permitirá tamén ampliar o número de grupos”.
En canto as actividades ofertadas, a Tenente de Alcalde destacou coma novidade que “ofertamos novas actividades como ioga, informática básica, bailes de salón e costura básica. Así mesmo, tendo en conta a demanda do ano anterior, incrementamos as prazas na actividade de competencias dixitais para uso cotiá e bailes caribeños establecendo varios niveis así como na actividade de ximnasia de mantemento para maiores”.
Do mesmo xeito, entre os cursos de envellecemento activo, o Concello outorga un papel importante ó manexo das novas tecnoloxías nas persoas maiores a través do curso de competencias dixitais para uso cotiá e o de informática básica polos múltiples beneficios que conlevan para os usuarios, “estimulando o cerebro e axudando a manter a mente activa, así como fomentando as relacións sociais, o que contribúe a reducir a fenda dixital interxeracional e a diminuír as desigualdades que iso provoca. Conseguindo así unha independencia para a persoa, de forma que ela mesma poida solicitar unha cita médica, facer unha transferencia bancaria ou buscar calquera tipo de información desde o seu móbil ou computador”, resaltou a Tenente de Alcalde.
Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ó 100% polo Concello monfortino.
Actividades no Centro Cívico e nas Parroquias
“Dende unha perspectiva de atención integral, contemplamos actividades en diferentes áreas: mantemento e mellora da saúde física e mental, o benestar emocional, a promoción das relacións sociais, así como formativas e de tempo de ocio”, sinalou Prada.
Polo que respecta ó Centro Cívico, o Concello destina un total de 353 prazas, que son 53 máis que na edición anterior, distribuídas en 19 grupos. A oferta de actividades deste Centro Cívico divídese en dous grupos:
-Actividades de envellecemento activo, dirixidas a persoas maiores de 55 años. As actividades ofertadas son:
- Ximnasia de mantemento, 2 grupos, 48 prazas.
- Ximnasia acuática, 2 grupos, 30 prazas.
- Ioga, 1 grupo, 20 prazas.
- Conservando a memoria, 2 grupos
- Competencias dixitais para uso cotián, con dos niveis: iniciación (2 grupos) e perfeccionamento (1 grupo), 36 prazas.
- Informática básica, 1 grupo, 20 prazas.
- Bailes de Salón, iniciación 1 grupo, 30 prazas.
- Manualidades, 1 grupo, 45 prazas (entre os 3 grupos totais).
-Actividades interxeracionais, dirixidas a persoas maiores de 16 años. As actividades ofertadas son:
- Manualidades, 2 grupos, 45 prazas (entre os 3 grupos totais).
- Bailes Caribeños, con dos niveles: iniciación (1 grupo) e perfeccionamento (2 grupos), 48 prazas.
- Costura creativa, 2 grupos, 24 prazas.
- Costura básica, 1 grupo, 12 prazas.
Reservaranse prazas para persoas con discapacidade en cada unha das actividades e no caso de que estas persoas necesiten axuda durante o desenvolvemento da actividade poderán ir acompañadas doutra persoa.
Nas Parroquias, o número de prazas ofertadas é de 180, están dirixidas ás persoas veciñas de cada parroquia, e inclúense as actividades máis demandadas por aquelas, que son:
- Conservando a memoria
- Manualidades
- Costura creativa
- Costura básica
- Ximnasia de mantemento
- Bailes de Salón
- Bailes Latinos
Prazos e requisitos de inscrición
O prazo de inscrición para inscribirse no Plan Activa 2023/2024 permanecerá aberto dende este luns 11 de setembro e ata o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive.
As persoas interesadas en participar nas actividades do Centro Cívico deberán presentar a súa solicitude, segundo o modelo normalizado, no Rexistro Municipal do Concello, na Secretaría de Servizos Sociais ou a través da Sede Electrónica municipal (sede.monfortelemos.es) .
Como norma xeral, cada persoa poderá solicitar e participar nunha única actividade, para que poida acceder a ela un maior número de persoas, salvo que queden prazas vacantes nas actividades posteriores á súa adxudicación. Nese caso poderá abrirse un período extraordinario ata cubrir as prazas.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
- Documento de identidade (DNI, NIF, pasaporte).
- Certificado de empadroamento.
- Certificado de discapacidade, se é o caso.
A solicitude pode ser individual ou conxunta. Neste último caso, o Concello quere favorecer a participación de persoas con relación familiar na mesma actividade.
No caso das actividades das parroquias, os pedáneos poderán solicitalas, no prazo establecido, ós representantes das parroquias, e é necesario que dispoñan dun local social en condicións adecuadas para o desenvolvemento da actividade.
Os interesados en participar na actividade concedida deberán dirixirse ó pedáneo ou pedánea da parroquia para que procedan a anotalos na actividade. O prazo estará aberto ata completar as prazas ofertadas en cada actividade.
A adxudicación das prazas do Centro Cívico farase por sorteo entre as solicitudes recibidas para cada actividade, unha vez rematado o prazo de solicitude e diferenciando prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Para iso, asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida.
No caso de presentarse solicitude de participación conxunta elixirase a praza ou lista de espera cun único número.
O sorteo será público, polo que se publicará a data e o lugar do sorteo na páxina web do Concello e no centro de Servizos Sociais, así como a relación de persoas admitidas para participar nel. Unha vez feito, publicaranse as prazas concedidas.
“En resumo”, destacou Gloria Prada, “dende o Equipo de Goberno, volvemos a apostar decididamente polo Programa Activa, un programa de actividades moi, moi importante para os nosos maiores e moi demandado e que permitirá, como dixen antes, que os seus usuarios poidan recuperar unha vida activa como era antes da pandemia. Desde o Concello animamos a todas as persoas interesadas a que se inscriban e esperamos que gocen da gran variedade de actividades que ofrecemos nesta edición 2023-2024”.
DESCARGA DE DOCUMENTOS:
Díptico-Centro-Cívico-2023-2024
Inscrición Programa ACTIVA Centro Cívico 2023-2024
Díptico-Parroquias-Locais Sociais 2023-2024
Inscrición Programa ACTIVA Parroquias 2023-2024
Normas_Organizacion_e_funcionamento_Programa_Activa_2023_2024.pdf