Noticias:
-
O Alcalde pon en valor o avance das obras da nova comisaría da Policía Nacional, que será unha realidade para os veciños de Monforte en 2026
Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou na mañá de hoxe, xunto ó Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o xefe superior da Policía Nacional de Galicia, Pedro Jesús Pacheco, as obras da nova comisaría da Policía Nacional de Monforte.... -
O Alcalde informa de obras de conexión da nova tubaxe xeral da rede de abastecemento de auga ó depósito de San Vicente
Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que debido ás obras na nova tubaxe xeral da auga potable que o Concello de Monforte está a levar a cabo na rede de abastecemento de auga da cidade, e que consiste nunha nova tubaxe que conecta os depósitos de... -
Teatro este xoves 21 de novembro con Soños, da compañía Arte Feito no Multiusos de Monforte
Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2024. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte programa para este xoves 21 de novembro ás 20:15 no Edificio Multiusos unha nova obra de teatro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024. Así, terá lugar a... -
José Tomé: Os orzamentos do Concello de Monforte de Lemos de 2025 son inversores, sociais e expansivos, e sen subir impostos
Monforte de Lemos, 16 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luís Losada, deu a coñecer na mañá de hoxe os Orzamentos Municipais para o ano... -
O Alcalde inaugura a reunión da SOCIGA en Monforte, que aborda a investigación sobre o cancro de colon
Monforte de Lemos, 15 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de hoxe a Reunión de Consenso do Grupo Galego de Coloproctoloxía da Sociedade de Cirurxía de Galicia (SOCIGA) que acolle ata mañá sábado 16 de outubro o Parador de Turismo e que xira arredor da... -
O Alcalde saca a licitación o contrato de mantemento e reparación das áreas de xogos infantís e aparatos biosaudables do Concello
Monforte de Lemos, 13 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a licitación do contrato de conservación, mantemento, reparación e xestión da seguridade das áreas de xogo infantís e biosaudables do Concello de Monforte. O noso obxectivo é “levar a cabo a través da... -
Membros do Equipo de Goberno participaron na conferencia de Emilio Duró que se celebrou no Auditorio do Multiusos de Monforte
Monforte de Lemos, 12 de novembro de 2024. Diversos membros do Equipo de Goberno do Concello de Monforte participaron na tarde de hoxe na da conferencia do empresario, profesor y conferenciante Emilio Duró, que foi organizada polo GDR Ribeira Sacra-Courel e polo propio Concello de Monforte, como... -
O Alcalde pon en valor a figura do guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira, represaliado polo réxime franquista en Celanova en 1943
Monforte de Lemos, 11 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu hoxe luns 11 de novembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o acto de homenaxe que o Concello organizou arredor do guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira, asasinado polas forzas de represión... -
O Alcalde anuncia o proxecto de recuperación e mellora da histórica Rúa Vella de Monforte, na que investirá 100.000€
Monforte de Lemos, 11 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou hoxe en rolda de prensa, un novo proxecto de mellora dunha infraestrutura viaria da cidade, neste caso, unha vía histórica, a Rúa Vella. No acto, estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o... -
O Alcalde destina 10.000 euros en axudas a deportistas individuais monfortinos, un 43% máis que en 2022
Monforte de Lemos, 10 de novembro de 2024. O pasado luns 4 de novembro a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria de bolsas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade deportiva individual durante a tempada 2023-2024, para as que o Alcalde destinou...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »