19 de novembro de 2018. As luces de Nadal volverán estar presentes este ano tódolos barrios da cidade. A principal novidade é que haberá novos deseños decorativos que darán unha maior luminosidade e, polo tanto, xerarán unha maior visibilidade. En concreto, 53 rúas de Monforte disporán de alumeado de Nadal, e os traballos de instalación dos 117 arcos comezarán ó longo da vindeira semana.
Ademais das rúas, estarán adornadas a Torre da Homenaxe, as Prazas de España, de San Antonio, Carude, Os Chaos e da Estación. Por outra parte, haberá un abeto na Praza da Compañía e 7 letreiros de Bo Nadal en cada unha das entradas á cidade.
Unha das principais novidades deste ano é que a Praza de España estará presidida por unha estrela de grandes dimensións, “en vez da árbore que houbo en anos anteriores, este ano decidimos instalar un novo elemento decorativo”, explica o Alcalde, José Tomé.
O acendido oficial será o mércores, 5 de decembro e permanecerá activo ata o 6 de xaneiro.
A decoración navideña, un investimento
O rexedor apunta que “o noso desexo é que todos os veciños sintan o espírito do Nadal durante estas datas tan sinaladas, por iso, imos levar a decoración lumínica a tódolos barrios de Monforte. Este ano, os arcos desprenderán unha luminosidade máis intensa que o pasado Nadal”.
O rexedor engade que “consideramos que a decoración navideña nas rúas é un investimento moi útil para o comercio así como para o conxunto da nosa economía, xa que nos beneficia a todos”. José Tomé apunta tamén que “en definitiva, o noso obxectivo é fomentar que as compras destas datas tan especiais, se realicen na nosa cidade. O compromiso deste Equipo de Goberno sempre foi chegar coa iluminación navideña a todas as zonas do municipio e nesa liña seguimos traballando”.
O mandatario local explica que “as rúas máis comerciais terán un maior número de arcos, porque é nas que de seguro haberá unha maior presenza de xente para realizar as súas compras de Nadal”.
As arcas municipais destinan un orzamento de 18.000 euros ás luces deste Nadal, son 1.000 euros máis que en 2017. A cifra representa un 6% máis do que se investiu o pasado ano.
A empresa monfortina Iluminaciones Fernández é a encargada da colocación destas luces.
Lugares nos que se instala o alumeado de Nadal
Juan Montes
Cardenal
Compañía
Carude
Duquesa de Alba
Reboredo
Francisco Moure
Avenida de Galicia
Roberto Baamonde
Valle Inclán
Eduardo Pondal
Benito Vicetto
Valle de Lemos
Calvo Sotelo
San Pedro
Doctor Casares
Morín
Hortas
Chantada
Abeledos
Corredoira
Ourense
Cobas
Rosalía de Castro
Veiguiña
Rúa Santiago
Concepción Arenal
Otero Pedrayo
Doutor Teixiero
Comercio
Lois Pereiro
Celso Emilio Ferreiro
Rúa Coruña
Curros Enríquez
Pontevedra
Estrella
Molinos de Antero
López Suárez
Germán Vázquez
Paseo de Lugo
Julio Camba
Inés de Castro
Hermida Balado
Rúa Real
Doctor Goyanes
Santa Clara
Ramberde
Sarria
Rioseco
Casar
Malvarón
Pinguela