O Alcalde de Monforte anuncia a instalación de novas áreas biosaudables nas parroquias de Distriz, Gullade e Moreda

Monforte de Lemos, 28 de agosto de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  ven de anunciar un novo proxecto de mellora para 3 parroquias do Concello, que suporán a instalación de 3 novas áreas biosaudables, que beneficiarán ós veciños e veciñas de Distriz (Santo André), Gullade (Santo Acisclo) e Moreda (San Salvador).

A inversión asignada a este proxecto polo Equipo de Goberno do Concello é de 9.331,40 euros, sendo o 40% subvencionado a través de fondos LEADER. As obras desenvolveranse a principios do mes de setembro, sempre que a climatoloxía o permita.

“Coa a creación destes espazos biosaudables”, sinala o Alcalde, “dende o Concello de Monforte buscamos incentivar a práctica da actividade física entre os residentes naqueles lugares do municipio onde se da unha maior carencia deste tipo de iniciativas, conseguindo, do mesmo xeito, mellorar nosa oferta municipal de lecer nestes ámbitos rurais”.

No emprazamento das áreas biosaudables destas 3 parroquias destinaranse terreos públicos de titularidade municipal, optando para elo, por lugares das parroquias preferentes e de habitual costume de xuntanza dos seus veciños, como son as contornas dos locais sociais e dos campos das festas.

A área biosaudable a crear na parroquia de Distriz localizaríase no lugar de As Pozas, na parcela onde se sitúa a área recreativa que rodea ó local social da parroquia.

Na parroquia de Gullade, a área biosaludable ubicarase no lugar de O Río, na parcela onde se sitúa o campo da festa de dita parroquia.

Finalmente, na parroquia de Moreda localizaríase no lugar de San Salvador, na parcela do local social de Moreda.

 

3 áreas biosaudables para disfrute dos veciños

Os traballos a realizar consistirán na adquisición e colocación de aparatos biosaudables que cumprirán coa norma UNE-EN 16630:2015, referida a “equipos fixos de adestramento físico instalados ó aire libre” e contarán todos eles co correspondente certificado de conformidade con dita norma.

Os aparatos estarán formados por unha estrutura de aceiro galvanizado, tratados con pintura anticorrosión, presentando capuchóns nas terminacións dos postes e tubos. Os rodamentos estarán galvanizados e selados contra auga e po. E en todas as fixacións e suxeicións empregaranse pernos e parafusos de aceiro galvanizado.

En canto ós lugares escollidos para o emprazamento destes aparatos biosaudables presentan todos o seu firme en terra, polo que é preciso acondicionar o terreo con vistas á correcta subsección dos mesmos. Con este fin, no punto previsto para a colocación de cada aparato, crearase unha base de formigón.

Na execución de ditas bases, realizarase unha escavación no terreo para a cimentación, de dimensións segundo indicación do fabricante, que se encherá con formigón en masa HM-20. Sobre dita cimentación instalarase o aparato coas súas correspondentes ancoraxes, igualmente, segundo indicacións do fabricante.

Por parroquias, a relación de aparatos que se instalarán en cada unha das tres áreas biosaudables previstas é a seguinte:

  • Parroquia de Distriz: Patíns, Bicicleta, Elíptica, Timón-volantes e Surf-cintura.
  • Parroquia de Gullade: Patíns, Bicicleta, Elíptica, Timón-volantes e Surf-cintura.
  • Parroquia de Moreda: Bicicleta, Elíptica, Timón-volantes e Surf-cintura.

 

Especificacións técnicas dos aparatos biosaudables

O tipo de aparatos que se subministrán coas súas dimensións son os que seguen:

Patíns (ECB-02):

  • Medidas: 100x35x137 cm.
  • Área de seguridade: 400x335 cm.
  • Funcións: aumenta a flexibilidade da cadeira e as pernas, fortalece o cuádriceps, xemelgos e glúteos, e mellora a función cardiopulmonar.

 

Bicicleta (ECB-07):

  • Medidas: 82x47x110 cm.
  • Área de seguridade: 382x347 cm.
  • Funcións: Estimula o movemento articular da cadeira, xeonllos e nocellos, mellorando a mobilidade do tren inferior.

 

Elíptica (ECB-08):

  • Medidas: 98x37x110 cm.
  • Área de seguridade: 398x337 cm.
  • Funcións: Traballa e reforza toda a parte inferior do corpo, cuadríceps e xemelgos, e mellora a flexibilidade da cadeira e da columna vertebral.

 

Timón-volantes (ECB-18):

  • Medidas: 115x92x163 cm.
  • Área de seguridade: 415x392 cm.
  • Funcións: Mellora e aumenta a mobilidade articular dos brazos, aumenta a forza e coordinación, e fortalece a flexibilidade xeral traballando os brazos, monecas, cóbados e ombros.

 

Surf-cintura (ECB-19):

  • Medidas: 137x85x140 cm.
  • Área de seguridade: 437x385 cm.
  • Funcións: Traballa a columna vertebral e cadeira, aumenta e reforza a función cardio-pulmonar, e mellora a flexibilidade da cadeira e a columna vertebral.