Monforte de Lemos, 1 de setembro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, supervisou os traballos de rehabilitación dos acabados e da pavimentación da praza Campo de San Antonio e o seu entorno, na que se ubica a Casa do Concello.
Con esta obra de mellora, estase a reparar a pavimentación e os acabados de dita praza, que inclúen as losetas dos muros que a rodean, así como dos asentos que se atopan na parte frontal e lateral, que se foron desprendendo, rompendo ou agrietando debido a algún tipo de repisa.
Deste xeito, estase a substituír o revestimento cerámico da parte horizontal do banco-xardineiras existente, que será substituído por outro con lousas de granito. Tamén, recupéranse as pezas cerámicas do banco que se atopen en bo estado para a súa posterior colocación nas zonas de pavimento que estean deterioradas.
Ademais, reparanse os paramentos enfuscados, substitúense as pezas de coroación dos muros rotas e repoñeranse as que estean soltas ou non existan. As melloras tamén se aplican ó frontal das escaleiras que dan acceso á entrada da Policía Local.
“Con esta actuación” resalta o Alcalde “melloramos o servizo que presta este asento fronto-lateral do Concello que é usado a diario por un bo número de persoas cando o tempo o permite.”
A empresa Probisa Vías y Obras é a encargada de levar a cabo estas obras de mellora, que supoñen unha inversión por parte do Concello de Monforte de 17.320,41 euros, cun prazo de execución de 2 semanas.