Monforte de Lemos, 2 de outubro de 2020. Como xesto simbólico e en en sinal de apoio ás persoas ostomizadas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que mañá sábado procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde con motivo do Día Mundial do Ostomizado.
Os ostomizados son pacientes que sufriron unha ostomía, que é un orificio de saída artificial que practica un cirurxián na parede abdominal por causa de diversos diagnósticos para facilitar a saída ao exterior dos produtos de desfeito do organismo.
“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois é unha enfermidade que necesita ser coñecida dado que en España hai máis de 125.000 persoas ostomizadas e cada día realízanse un maior número de intervencións”, destaca o Alcalde.
Este Día Mundial ten dous obxectivos principais, por unha banda, contribuír a integrar a todos os afectados por esta operación; e, por outra banda, sensibilizar á sociedade das barreiras que teñen que superar a diario a estes pacientes.
Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento das asociacións que velan por estes afectados iluminando este 3 de a emblemática Torre da Homenaxe de cor verde. “Deste xeito contribuiremos a facer visible esta realidade e axudar a reincorporarse á vida activa a estes pacientes pese ás limitacións que o proceso conleva”, conclúe o rexedor municipal.