O Alcalde anuncia que o VII Conde de Lemos contará cun selo conmemorativo emitido por Correos

Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2021. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, y o Presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, deron a coñecer hoxe un proxecto no que ambas entidades levan traballando desde fai tempo, e que, grazas ó cal, un monfortino, o VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro, será protagonista dun selo histórico emitido por Correos de España.

Na presentación, estiveron acompañados polo Director de Estratexia de Correos, Avelino Castro, así como pola 1ª Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada.

Na súa intervención, o Alcalde fixo fincapé en que este é “un proxecto do que levo tempo falando co Presidente de Correos, e é agora cando finalmente vaise a materializar, grazas á inestimable colaboración de Juan Manuel Serrano que hoxe nos acompaña. Si todo vai segundo o previsto, o selo dedicado ao VII Conde de Lemos será unha realidade a finais deste ano, aproximadamente no mes de outubro”.

O presidente de Correos sinalou que a emisión “además de poner de relieve la figura del VII Conde de Lemos, se convertirá en el mejor aliado a la hora de divulgar y promocionar el rico patrimonio de Monforte de Lemos”.

A presentación deste proxecto tivo lugar dentro do programa de actos da visita institucional que o Presidente de Correos realizou a Monforte, sendo recibido oficialmente polo Alcalde e asinando no Libro de Honor do Concello. Tras unha reunión de traballo privada entre ambos mandatarios, tivo lugar roda de prensa na que deron a coñecer o proxecto sobre o selo dedicado ao VII Conde de Lemos.

 

Culminación dun proxecto de recoñecemento ó VII Conde de Lemos

Tomé Roca, explicou que “dende que son Alcalde de Monforte de Lemos, sempre tiven a vontade e a preocupación porque un monfortino como o VII Conde de Lemos protagonizara un dos selos de carácter histórico, dentro das coleccións que Correos adoita facer con este motivo”.

A intensa colaboración entre ambas entidades materializouse na concreción dun proxecto que actualmente atópase na fase de deseño do selo, a cargo do departamento de Filatelia de Correos, en coordinación cos técnicos do concello monfortino.

Prevese que, unha vez ultimado o deseño do selo do VII Conde de Lemos, este poida ser dado a coñecer, previsiblemente, no mes de outubro.

Importante impacto publicitario para Monforte e a Ribeira Sacra

A tirada oficial en toda España do selo do VII Conde, prevista para o próximo mes de outubro, suporá unha acción promocional de gran relevancia para Monforte de Lemos e para a Ribeira Sacra, que viaxará máis aló das fronteiras do pais.

“Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, que alberga un importante patrimonio monumental, artístico e paisaxístico, contará cunha destacada campaña promocional que fará que chegue a moitos fogares de España e do Mundo, a través do correo postal e, tamén, entrando a formar parte dese catálogo de selos de personaxes históricos de Correos” destacou Tomé Roca.

Desta forma, o Equipo de Goberno monfortino, segue desenvolvendo importantes accións promocionais, entre as que cabe destacar as levadas a cabo no último salón turístico internacional, Fitur, ou a que acollerá a etapa 19 da Volta Ciclista a España o próximo 3 de setembro.

O presidente de Correos tamén destacou que “el lenguaje universal de los sellos los convierten en el mejor escaparate para dar a conocer los atractivos turísticos que posee un lugar: su arte, sus monumentos, su gastronomía y su cultura”.

 

A relevancia do VII Conde de Lemos

O Alcalde enxalzou na súa intervención a relevancia da figura do VII Conde de Lemos, que a fan merecedor do selo conmemorativo de Correos.

A cidade de Monforte de Lemos, tivo e mantén o Condado de Lemos, sendo hoxe ostentado polo Duque de Alba, Don Carlos Juan Fitz-James Stuart e Martínez de Irujo. Os Condes de Lemos foron importantes protagonistas dentro da historia de Galicia e de España, e de entre eles destacou o VII Conde de Lemos.

Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos foi presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Nápoles, Presidente do Consello Supremo de Italia, comendador da Orde de Alcántara, embaixador extraordinario en Roma e Correo Maior do Reino de Galicia.

Destacou polas súas calidades como estadista, como intelectual e mecenas, consolidando a tradición na familia dos Castro, honrada tamén polo seu tío o Cardeal Rodrigo de Castro.

Foi unha persoa moi significativa a nivel nacional polo seu amor ás artes e ás letras, así como escritor e protector dun bo número de grandes escritores do Século de Ouro, como Lope de Veiga, Luís de Góngora y Argote (quen dedicou un fermoso soneto a Monforte de Lemos), Quevedo, Miguel de Cervantes (quen dedicou ao conde a segunda parte do Quijote) e os irmáns Argensola, entre outros, beneficiáronse do seu favor e protección.

A través de múltiples cartas, poemas e dedicatorias, é posible comprobar o aprecio que toda a elite intelectual sentía cara ao noso Conde. Estes escritos revelan unha forte amizade entre eles, que transcendía a pura relación entre mecenas e artista.

De feito, o último escrito de Miguel de Cervantes, considerado como unha das páxinas máis belas da Literatura Española, asinado catro días antes de falecer, foi unha epístola dirixida a Don Pedro Fernández de Castro. E é que o Conde proporcionou un importante apoio económico a Cervantes, e esa relación de mecenazgo foi a que axudou ao noso escritor máis internacional a poder dedicarse á creación literaria.

“En definitiva”, destacou o rexedor monfortino “Don Pedro Fernández de Castro, foi un gran mecenas da época dourada da literatura española e un protagonista de renome dentro da historia de España. Por iso, creo que a emisión do selo do VII Conde de Lemos por parte de Correos, está xustificada”.

Unhas palabras que compartiu o presidente de Correos, que destacou que o selo contribuirá “a dar a conocer hasta el último rincón, el legado de este estadista, intelectual y mecenas, preocupado por la justicia, el bienestar de sus vasallos y de los indios del Nuevo Mundo, que fue Don Pedro Fernández de Castro”.

O Alcalde concluíu reiterando que “por todo iso, quero agradecer publicamente o compromiso do Presidente de Correos, que foi sensible á solicitude do Concello e que, grazas ó seu compromiso, entre todos conseguimos o obxectivo de que un monfortino como o VII Conde de Lemos sexa protagonista dun selo de Correos”.