Monforte de Lemos, 17 de xuño de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar o inicio das actuacións de mellora do firme en dúas vías urbanas da cidade, en concreto, a rúa Concepción Arenal e a vía principal de Rioseco, incluídas dentro do programa de actuacións de mellora planificadas polo Equipo de Goberno para as infraestruturas viarias monfortinas, e que o rexedor deu a coñecer a semana pasada.
No caso da rúa Concepción Arenal as obras de mellora deron comezo o este mércores 16 de xuño e abarcan a mellora íntegra do seu firme dende a plazuela da Estación ata a rúa Morín, nun tramo lineal de 235 metros. As obras están sendo executadas pola empresa Taboada y Ramos, sobre un orzamento de 23.554,07 euros.
Neste caso, “con esta actuación na rúa Concepción Arenal” o Alcalde salienta que “todas as rúas do barrio da Estación, un dos barrios emblemáticos da nosa cidade, foron xa renovadas e arranxadas no seu firme”.
As obras na vía principal de Rioseco, que deron comezo hoxe xoves, acomenten a mellora do seu firme, dende o enlace coa vía Chamoso Lamas ata a pista do Canal, que da acceso a “Hormigones La Estrella”.
O Alcalde sinala que “decidimos acometer esta obra de mellora debido a que esta vía de Rioseco presentaba un firme deteriorado, debido ó elevado tráfico e á presencia de fochancas nalgunhas zonas, e que facían necesaria a completa renovación de devandito firme”.
En concreto, as actuacións na vía principal de Rioseco desenvólvense en 740 metros lineais, e contan cun orzamento de 30.301,46 euros, sendo desenvolvas pola empresa Construcciones Racer S.L. O prazo para a execución das mesmas, se as condicións climáticas o permiten, está estimado en 1 mes.
Mellora íntegra do firme en Concepción Arenal
Previo ao rexenerado do firme desta rúa, practicarase un fresado do actual pavimento de todo o longo dos seus dous laterais, nun ancho de 1,20 metros. Igualmente, co fin de regularizar a superficie da rúa co das vías adxacentes, aplicarase un fresado do pavimento no entronque coas rúas Dr. Casares e Calvo Sotelo.
Posteriormente, realizase o varrido do pavimento existente por medios mecánicos de toda a superficie, consistente nunha limpeza enérxica da súa superficie mediante cepillo de arame, tralo cal, aplicase unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 4 cm. de espesor.
Antes do pintado, procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiro e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento.
Para rematar, pintarase a vía, coa marcaxe de liñas, cebreados e símbolos correspondentes, e instalarase a sinalización vertical, consistente nun sinal de STOP, na confluencia coa rúa Dr. Casares (substituíndo á existente, que presentaba un estado deficitario), e 2 sinais indicativas de paso de peóns, en cada un dos pasos existentes nas saídas da vía cara as rúas Dr. Casares e Calvo Sotelo.
Actuacións de mellora na vía principal de Rioseco
Esa vía presenta un firme asfáltico con numerosas irregularidades e fochancas, polo que dende o Concello realizaranse as seguintes actuacións:
- En primeiro lugar, nas zonas en que se pretende ampliar o ancho da calzada, procédese á apertura de caixa, con carga e transporte do material sobrante a vertedoiro. Seguidamente, nesas zonas colocarase unha base de zahorra compactada.
- En segundo lugar, nas zonas en que sexa necesario pola cota do pavimento rematado, procederase ao fresado do firme antiguo.
- Posteriormente procederase ao varrido do firme as zonas afectadas, por medios mecánicos, consistindo nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
- A continuación, en toda a calzada, procederase a aplicar a nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor. Incluirá o rego de adherencia e o bacheo ou regularización previa nas zonas en que sexa necesario.
- Procederase ao levantado ou recalce de tapas de arquetas e rexistros para alcanzar o novo nivel da capa de rodadura.
- Para rematar, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas e símbolos que corresponden á vía.
“Con estas dúas novas actuacións, que alcanzan os 54.000 euros, dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte, continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade, un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que vou cumprindo, tal como anunciamos a pasada semana”, resalta o rexedor monfortino.